Esta mañá celebrouse o I Trofeo Emaclsa de Voleibol Base, que contou coa participación dos equipos Colexio de Eirís, Grande Obra de Atocha, Colexio Montespiño e Instituto Zalaeta.
Os partidos disputáronse en xornada de mañá no Pavillón do Instituto Zalaeta, e finalmente o equipo anfitrión fíxose co triunfo neste primeiro torneo.
Os resultados foron os seguintes:
Colexio Eirís 0 Grande Obra de Atocha 2 (9-25 e 22-25)
Grande Obra de Atocha 0 Colexio Montespiño 2 (12-25 e 10-25)
Instituto Zalaeta 2 Colexio Eirís 0 (25-9 e 25-7)
Colexio Montespiño 0 Instituto Zalaeta 2 (18-25 e 23-25)
Finalizados os encontros o presidente do CV Zalaeta, Nico Santos realizou a entrega de trofeos a todos os equipos participantes na cerimonia de rigor que pechou unha xornada deportiva e de confraternización entre as deportistas de diferentes centros.