Continuamos na Fase Final das ligas galegas e teremos un fin de semana de voleibol no que se celebrarán os Campionatos Galegos de Xuvenís o domingo día 8, en dobre xornada de mañá e tarde.
No Valle Inclán de Oleiros disputaráse o Campionato Xuvenil Masculino, que enfrontará a partir das 10:00 da mañá, o equipo organizador do campionato, CV Oleiros co EMEVE e o Club Vigo e o Jealsa Boiro Voleibol para decidir, nas finais de pola tarde, o equipo campión e o pase ao Campionato de España.
En canto á categoría feminina, o Club Instituto Voleibol Zalaeta é o organizador do evento do que sairá o campión galego feminino e os equipos que representarán ao voleibol galego no Campionato de España. Enfrontaranse os 4 primeiros clasificados da Liga Regular, que son ao mesmo tempo os que se clasificaron na Fase Final:
CONAVI Xuvenil Teis, H.V.A.Ou. EMEVE de Lugo, CV Ribeira Sacra de Monforte e o anfitrión Club Instituto Voleibol Zalaeta.
Os partidos celebraranse no Polideportivo do Barrio da Flores o domingo 8 nunha dobre xornada. Pola mañá celebraranse as eliminatorias que enfrontarán, a partir da 10:00, ao Xuvenil con Zalaeta e a continuación ao EMEVE con Monforte. Os perdedores xogasen o terceiro e cuarto posto ás 17:00 e está previsto que a final se xogue ás 19:00. Serán partidos complicados, propios dunha final cun título en xogo.
O equipo do Instituto, unha vez finalizada a SF2, contará coa incorporación das súas xogadoras Jimena Fernández e Antía Vallecas, ambas as dúas procedentes da Concentración Permanente de Soria, formarán un equipo que irá a por todas, que obtivo a medalla de Bronce no recentemente celebrado torneo de SuperLiga Junior, e que estará formado polas seguintes xogadoras: Lidia Mareque e María Pedreira, colocadoras; Paula Rey e Laura Vázquez, opostas; Íria González, Sara Carpintero, Lidia Gudge e Jimena Fernández, centrais e Emma Ordoñez e Antía Vallecas, receptoras. Como 1ª adestradora, Tania Cobos, 2ª Cristina G. Bermejo e delegado David Hermida.
O primeiro partido é o decisivo, unha vitoria coloca ao equipo gañador na final, e con iso con praza para o Campionato de España, no que Galicia dispón a priori de 2 prazas grazas ao 6º posto de Zalaeta no anterior campionato celebrado en A Coruña, prazas que poderían aumentar xa que na edición deste ano o título español aumenta o nº de prazas de equipos para disputar a final e nela podería ter cabida un terceiro club galego.
Ante o Xuvenil, o Zalaeta debe de facer valer o factor cancha, xa derrotou aquí ao rival por 3-0 no partido de volta da liga regular, perdendo polo mesmo resultado na ida no Municipal de Teis, por tanto, empate nos anteriores enfrontamentos que terán ocasión de desfacer o domingo. Na outra semifinal o Ribeira Sacra con 10 vitorias na liga enfróntase ao EMEVE primeiro clasificado e que lle endosou ás de Monforte senllos 3-0 nos dous encontros de liga disputados. O rendemento do equipo lucense dependerá do estado das xuvenís que xogan en SF2 xa que están a disputar tamén nestes momentos os play off de ascenso a SFV.
Xornada polo tanto de voleibol de alto nivel que terá lugar no Barrio das Flores o domingo onde se poderán dar cita os afeccionados para presenciar estas espectaculares finais.