Disputábase na Coruña o sábado ás 19:00 no Barrio o partido correspondente á xornada 20 de SF2 entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e EMEVE de Lugo. O encontro comezaba ás 19:00 dirixido polos colexiados Cordeiro e Liste, e cunha duración de 01 h 35 m finalizaba cun resultado de 1-3 con parciais 25-22; 15-25; 19-25 e 20-25.
AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Noemí Vázquez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Marta Fraga, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Bermúdez e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
EMEVE: Julia Cortón, Paula Lorenzo, Irene Yañez, Laura Villasante, Mª Fe Pena, Ainara Burgo, María Aguiar, Paula Reija, Aitana Fernández, Lucía Prol, Carmen Saa e Alba Pizarro. Adestradores José Valle e Fátima Valle.
Comeza o partido cun primeiro set moi axustado no que as do Instituto van controlando o marcador con escasas diferenzas, cun parcial de 21-18 no último tramo do set, o Zalaeta non cede e pon o 1-0 no marcador.
No segundo é o EMEVE o que se adianta desde o principio, no 3-10 inicial as coruñesas cometen 4 erros e soamente 2 puntos, o Zalaeta non está no partido e as visitantes aproveitan a súa ocasión para impoñerse no set coa maior diferenza do partido.
Así as cousas é o equipo local o que debe de reaccionar, mellora o seu xogo e conteñen os erros, pero o rival sempre mantén unha pequena diferenza que parece imposible de superar, e cunha escasa bagaxe en ataque as coruñesas ceden o 1-2.
Chega a oportunidade de recuperación e meterse no partido, é o cuarto set, pero de novo volven aparecer os erros e unha parcial inicial de 0-5 parece que marca do devir do set. O Zalaeta recupera o seu xogo pero non o suficiente para parar á lucenses que suman 3 puntos para afianzarse na 3ª posición que as daría paso para xogar polo ascenso de categoría.
Un bo primeiro set e decaimiento nos seguintes ante un rival que se mostrou máis seguro e metido no partido. O 30 parece un nº clave, por baixo do 30% de ataque é difícil gañar e por encima dos 30 erros menos aínda, e se se conxugan ambas as condicións imposible. Lucía Prol de EMEVE máxima anotadora do encontro con 20 puntos seguida de Laura Villasante con 18, por parte do Autos Cancela Zalaeta Lidia Gudge con 14 puntos máxima anotadora e Laura Vázquez con 13 puntos.
Próximo partido sábado 3, desprazamento a Xixón para xogar no Braulio García ante o RGC Covadonga.
Para ver o video do partido pincha aqui
Compartindo a Copa da SuperLiga Junior