/AUTOS CANCELA ZALAETA CAMPIÓN DE COPA GALICIA

AUTOS CANCELA ZALAETA CAMPIÓN DE COPA GALICIA

  O pasado 7 de Xaneiro se diputaba no Alonso Rodríguez de Noia a final da Copa Galicia de Voleibol Feminino, final de alto nivel que contaba coa participación de dúas dos equipos máis destacados de Galicia, o CONAVI XUVENIL TEIS e o AUTOS CANCELA ZALAETA.

  As coruñesas repetían final coa ilusión de conseguir o segundo trofeo consecutivo, e así foi, impuxéronse por 3-1 (25-21; 21-25; 25-19 e 25-16) ás de Teis. Saíron a por todas as do Instituto dirixidas nesta ocasión por Fernando Cueto, e logran o 1-0, pero o Xuvenil logra empatar o partido co mesmo resultado que o anterior, a emoción estaba servida.   O terceiro set desfaría en empate e podería ser clave no triunfo, e o Zalaeta cunha gran eficiencia ao saque impón o 2-1 no marcador e encaran o cuarto set decididas a revalidar o título, logran a vitoria coa maior diferenza do encontro.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Marta Fraga, Lida Alonso, Noa Sánchez, Noemí Vázquez, Laura Vázquez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Patri Santos, Andrea Rivas, Susana Suarez, Alba Quirós, María Pedreira e Inés Rivas.

  Destacar que a actuación da líbero do Autos Cancela Zalaeta, Noa Sánchez, mereceu ser premiada como MVP da final, FELICIDADES!!

  O pasado día 18, xoves, tivo lugar unha recepción no Concello da Coruña do equipo Autos Cancela Zalaeta na que representantes do Clube co seu presidente Nico Santos a cabeza, departiron co alcalde excelentísimo Sr. D. Xulio Ferreiro e o concelleiro de Cultura, Deporte e coñecemento, D. José Manuel Sande.

Para ver as fotos de Julio Vázquez da final, pincha AQUÍ 

Fotos de Julio da recepción no Concello, pincha AQUÍ