/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 FEEL VOLEY ALCOBENDAS 0

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 FEEL VOLEY ALCOBENDAS 0

 

  Terceira xornada de SF2 e terceira vitoria do Autos Cancela Zalaeta no encontro disputado na tarde de hoxe no Barrio das Flores a partir das 19:00. O encontro dirixido pola colexiada asturiana Aroa García tivo unha duración de 01h 10m e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais 25-18; 25-18 e 25-13.

AUTOS CANCELA ZALAETAPatri Santos, María Pedreira, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Calíope García, Laura Vázquez, Marta Fraga, Tania Cobos, Lida Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.

Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

FEEL VOLEY ALCOBENDASSara Mendoza, Irene Barco, Adriana Alonso, Ana Corredoyra, Carolina Lería, Elsa Van Hulst, Cloe Abadie, Sofía Mansilla e Verónica Fernández.

Adestradora Paula Tirini.

  Comezaron ben o partido as de Tirini, centradas, e lograron adiantarse no marcador ante as coruñesas que tardaron en reaccionar, lograron alcanzar ás rivais no punto 7. A partir dese momento dominaron o xogo e fixeron valer o seu mellor ataque, 14 puntos, e eficacia no saque, 4 ACES para poñer o 1-0 no marcador.

  O segundo set comezou con alternancia no marcador, ata que aos poucos o Zalaeta foi cobrando diferenza para finalizar co mesmo resultado que o anterior set. No terceiro e último, as de Barrero endosáronlle ao Alcobendas un parical de 6-1 que marcaría o desenvolvemento do set que finalizou coa maior diferenza do partido, 25-13.

  Súmanse tres puntos máis que serven para manter o pulso dos primeiros postos da clasificación, a cuxa cabeza ningún equipo cede nada, e os tres primeiros clasificados contan as súas intervencións por vitorias.

  O Feel Voley Alcobendas, que continúa pechando a clasificación do Grupo A, desprazouse a Coruña minguado polas lesións dos seus centrais, o que lle resto posibilidades, sendo Adriana Alonso e Elsa Van Hulst as súas máximas anotadoras con 7 puntos cada unha.   Por parte do Zalaeta, unha vez máis Alba Quirós é a súa máxima realizadora con 10 puntos, 7 ataques e 3 ACES, seguida de Tania Cobos 9 puntos e Emma Ordoñez 8.

  Ambos os equipos cometeron o mesmo nº de erros, 22, pero as do Instituto mostraron maior eficacia en ataque, 39 puntos ante 19, e un saque máis eficiente, 7 ACES.

Partido tranquilo o vivido onte contra Alcobendas na visita do equipo madrileño ao Barrio das Flores. Partido serio pola nosa banda ante un rival que tivo problemas con lesións neste arranque de campaña o que minguou as súas opcións en ataque.

Comezamos o encontro con certas imprecisións, que liquidamos rapidamente, soubemos buscar os seus problemas en recepción e iso deunos moitas vantaxes de fronte ao resto do partido, obrigámolas a atacar lonxe da rede moitas veces e iso permitiunos ter 57 pelotas de contraataque no total dos tres sets.

No segundo set a tónica foi máis parecida ao segundo tramo do primeiro, o noso xogo plasmouse máis claramente e sempre puidemos ir comodamente por diante no marcador, coa tranquilidade que dá esta situación e permitiunos despregar un bo xogo. No terceiro entramos cun 5-0 a favor, que fixo que as visitantes baixasen os brazos rapidamente e permitiu a entrada das xogadoras máis novas do persoal. Pechouse o partido no terceiro set ao noso favor, feito que non lograramos a tempada pasada, que nos permite sumar 9 puntos na terceira xornada para un ano no que se antolla que os puntos estarán moi repartidos. 

Fernando Cueto.

Fotos J. Vázquez https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=photos.app.goo.gl/ZwAAkGJqwVGUf2LK2