/VI CAMPUS DE VERANO CV ZALAETA

VI CAMPUS DE VERANO CV ZALAETA

  Comezan as vacacións unha vez finalizado o curso, e finalizan tamén as competicións oficiais de volei, o que abre o camiño ao verán e ao goce.
O CV Zalaeta non quere estar á marxe e pretende estar presente no inicio do verán coa organización do VI Campus de Verán que vos presentamos a continuación.
  O Campus vai dirixido a aqueles nenas e nenos nados entre o 2003 e o 2008, ambos os anos incluídos, e o punto de encontro e de desenvolvemento de gran parte das actividades será o Polideportivo do IES R. Menéndez Pidal (Instituto Zalaeta) C/ María Vitoria Fernández de España nº 2, 15002, A Coruña.
  O horario será de de 10:30 a 14:00 os días 3, 4, 5, 6, e 7 e a segunda semana 10, 11, 12, 13 e 14 do mes de Xullo, podendo asistir só unha semana indicando no momento da inscrición cal sería. O prezo 50 Euros Campus completo e 25 unha soa semana.
  Realizaremos diferentes actividades, por suposto voleibol e tamén volei praia, divertirémonos con diversos tipos de xogos e iniciarémonos nesa especialidade tan rara de orientación e rastrexo. Tamén realizaremos unha visita ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, MUNCYT, da Coruña.

 Podedes obter información chamando a Cristina ao nº de teléfono 651 360 683 ou ben no correo cv.zalaeta1@gmail.com 

Non o dubides, reserva xa a túa praza para o Campus de Vernao do CV Zalaeta!!
TAGS: