/ACTIVIDADE DO FIN DE SEMANA

ACTIVIDADE DO FIN DE SEMANA

 O equipo de SF2 FisiomásZalaeta recibe no Barrio das Flores, no primeiro partido da segunda volta, ao RGC Covadonga, que encabeza a clasificación do Grupo A en un empate practicamente a todo co 2ª clasificado.
    Terceira xornada consecutiva de voleibol de alta tensión no Barrio coa visita do líder da clasificación, o equipo xixonés realiza a primeira visita da segunda rolda despois de que o fixesen nas xornadas anteriores o Madrid Chamberí e o UVA, segundo e terceiro clasificados.
  Será un encontro disputado, cada un dos equipos cos seus intereses, as asturianas tratarán de continuar liderando a táboa, para o que necesitan unha vitoria, e as coruñesas quererán reafirmar os seus inicios de recuperación despois do bo partido da xornada anterior, co que se pechou a primeira volta, no que confiando nas súas posibilidades e co bo xogo desenvolvido, lograron puntuar ante un difícil CV Madrid.

 O partido será o sábado ás 19:00 no coruñés Barrio das Flores no que esperamos contar con toda a afección para apoiar ao equipo neste importante compromiso ante as asturianas.
                                                  
 Os partidos de Ligas Galegas disputaranse segundo os seguintes horarios:

          1ª DIVISIÓN SENIOR

             AUTOS CANCELA ZALAETA    Vs    MAXI PEDROSO S. SADURNIÑO  
                                 SÁBADO  16:00  BARRIO DAS FLORES
 
  Este fin de semana o CI Zalaeta recibe a visita do club de Monforte, CV Ribeira Sacra, que se despraza con tres equipos que xogarán os seus partidos no Pavillón do Instituto Zalaeta o Domingo cos seguintes horarios:

    10:00    1ª DIVISIÓN INFANTÍS  11:30   1ª DIVISIÓN XUVENÍS  e  13:00   2ª DIVISIÓN CADETES

                                                      

  Paralelamente tamén terá lugar o I TORNEO ALEVÍN que organiza o  Club Instituto Zalaeta Voleibol, que se celebrará ao longo da mañá do sábado día 10 na cancha do Pavillón do Instituto.
  Os clubs participantes serán: Oleiros, Eirís e Zalaeta, todos eles con varios equipos en pista. O torneo dará comezo ás 10:00 e prevese que finalice ás 14:00 coa entrega de medallas ás participantes.