De novo partido de voleibol no Barrio das Flores nunha xornada na que toca recibir a un dos equipos punteiros do grupo a en esta primeira volta, o UVA, que ocupa a terceira posición a só dous puntos da cabeza da táboa.
O sábado ás 19:00 viviremos un novo enfrontamento nesta ocasión entre o FisiomásZalaeta e o CD Universidad de Valladolid, dous conxuntos que están a realizar unha primeira volta moi diferente.
Con 6 vitorias e unha derrota, as valisoletanas que se atopan a só dous puntos da primeira posición nunha xornada na que todo pode suceder. O Madrid Chamberí descansa, por tanto non puntúa, e o Grupo xóga co nada fácil Cuesta Piedra, o que anima ás xogadoras de Álvaro Hernández a asaltar a primeira posición do Grupo A. Cun equipo compensado entre xogadoras veteranas e xóvenes, destacan as receptoras Raquel Palma, máxima anotadora do equipo e Ángela González. A regularidade é o seu selo, soamente perderon na súa casa ante o Grupo Covadonga, e a xornada pasada levaron dous puntos do Municipal de Lugo nun apertado partido ante o EMEVE
Enfronte, o Zalaeta unha vez máis tratará de facer valer o factor cancha nun encontro no que é importante puntuar para recortar diferenzas cos equipos da metade da táboa. Non será suficiente o bo xogo despregado pola escuadra de Barrero no que vai de tempada, senón que fará falta decisión para finalizar nos momentos craves e converter unhas boas estatísticas en puntos.
Sen lesións, coa baixa de Sheila por razóns laborais, as coruñesas afrontan con ilusión o choque ante un dos equipos punteiros da división sen dar nada por perdido dispostas a defender os tres puntos ante a afección coruñesa que apoia ao equipo na cancha do Barrio das Flores.

Partidos de Liga Galega.
Esta xornada descansan os equipos de 1ª Div Senior e 1ª Div Xuvenil, xogando en casa os equipos Cadete de 2ª Div e o Infantíl de 1ª cos seguintes horarios:
1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA Vs EMEVE SÁBADO 16:00 BARRIO DAS FLORES
2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA Vs FISIOTERAPIA CINESIA NOIA SÁBADO 13:00 PAVILLÓN I. ZALAETA