Unha nova xornada está a piques de chegar, a terceira e de novo lonxe do Barrio. Nesta ocasión toca viaxe ás Illas Canarias para render visita ao Cuesta Piedra Santa Cruz, un dos equipos favoritos para encabezar o Grupo A.
A tinerfeñas descansaron a primeira xornada e desprazáronse a Lugo o sábado pasado para enfrontarse ao EMEVE ao que venceron por 1-3, sumando así os seus tres primeiros puntos, sendo por tanto o partido ante as coruñesas a súa presentación na súa cancha ante o seu público, o que lle engade un plus de dificultade ao encontro para as pupilas de Jorge Barrero.
Cunha plantilla compacta e dun gran nivel, destaca a central Marisa Fernández que no primeiro encontro da tempada nunha gran actuación, erixiuse MVP ademais de encabezar as clasificacións de Máxima Anotadora con 41 puntos, e Mellor Atacante con 34 puntos de ataque, en ambas as clasificacións por diante da oposta do CV Zalaeta Alba Quirós, con 33 puntos 29 deles de ataque. Non podemos esquecernos tampouco da receptora colombiana Wanda Banguero, outro activo do conxunto tinerfeño, cuxo potencial anotador pode decantar a balanza ao seu favor en calquera partido.
As coruñesas, cun vitoria e unha derrota, situadas no medio da táboa, van dispostas a dar a cara nun partido difícil no que se tratará de cometer os menos erros posibles e non perder a concentración para facer valer o seu ataque co que poñer en apertos ao rival.
O CV Zalaeta viaxa a madrugada do sábado desde o aeroporto de Alvedro en voo directo para xogar no Palacio de Deportes de Santa Cruz ás 17:00 hora local.

Boa viaxe e moita sorte!!