Continúa a pretemporada, unha pretemporada non moi longa e con poucos partidos xa que o próximo comezo de liga de SF2, o 24 do presente mes de setembro, condiciona e comprime as datas dispoñibles para realizar algún amigable máis que facilite a posta a punto do equipo.
Nesta ocasión celebraremos o Torneo Zalaeta de Voleibol Feminino que servirá para iniciar a tempada deportiva no Barrio das Flores, feudo do Zalaeta onde, esta vez máis que nunca, necesitaremos de novo o apoio da afección para converter esta cancha nun baluarte no que o renovado equipo do adestrador Jorge Barrero poida reeditar as xestas de anos anteriores.
O sábado 17, en xornada de mañá e tarde terán lugar os partidos que enfrontarán aos equipos EMEVE, Xuvenil e Zalaeta, representantes galegos na categoría e ao Grupo, o equipo asturiano de SF2. As semifinais xogaranse a partir das 12:00 da mañá e pola tarde terceiro e cuarto posto e final.

Esperámosvos no Barrio, unha nova aventura deportiva vai comenzar, a competición da Super Liga Feminina 2, onde o espectáculo está servido.