/PARTIDOS FASE DE PROMOCIÓN E ASCENSO

PARTIDOS FASE DE PROMOCIÓN E ASCENSO

  Continúan os partidos correspondentes aos cruces de promoción. En Cadetes e Infantís, que son os que afectan o club, serán os seguintes para o fin de semana:
  En categoría infantil CV Zalaeta, equipo que dirixe Cristina G. Bermejo, enfrontarase ao VoleyOurense na Fase Final de Promoción e Ascenso a 1ª, en partido de ida mañá sábado no Paco Paz de Ourense a partir das 10 da mañá.

  Tamén en Fase Final de Promoción de Ascenso a 1ª División, as cadetes afrontarán un espectacular duelo local: CV Zalaeta Vs Calasancias Coruña, nun primeiro partido na cancha do Instituto o domingo ás 11:30.
  
  Outros partidos: CV Zalaeta Infantil B xogarán contra CV Naron Volea no polideportivo Monte Dás Moas o sábado ás 10:30.
  O equipo de CV Zalaeta Alevíns xogará o sábado contra Eiris ás 10:00 e ás 11:45 contra CV Naron Volea no Monte Dás Moas.