Publicadas as estatísticas da RFEVB da xornada nº 15 de SF2, o recoñecemento á xogadora máis eficiente da xornada recae sobre Belén Cabrera que leva o MVP para Granada.
Vitoria do seu equipo, Universidad de Granada sobre un rival directo, o Volei Grau, na que a receptora anotou 19 puntos, 17 de ataque e achegou un 80% de eficacia en recepción, números que a colocan en tres clasificacións diferentes e fana acredora da primeira distinción de MVP que leva o seu equipo na presente tempada.
A boa actuación do equipo de J. Barrero, o sábado ante o RGC Covadonga no que retiveron os tres puntos nun partido moi completo e sen fisuras, logrando unha contundente vitoria, e coa que están a demostrar o bo momento de forma nesta segunda volta, vese referendada polo bo partido realizado pola sua central Andrea Rivas, que unha vez máis, e van cinco na presente tempada, é incluída no Sete Ideal da Xornada polos técnicos da RFEVB.
A clasificación de Mellores Bloqueadoras domínaa esta xornada a colocadora do Torrelavega, Cristina Sanz, a coruñesa do FisiomásZalaeta en segunda posición seguida da central do Cuesta Piedra Marisa Fernández en terceiro lugar. Destacar que son estas dúas centrais, pero en orde inversa, as que encabezan a Clasificación de Bloqueo da presente tempada, Marisa Fernández é a primeira con 59 Killing Blocks e un coeficiente de 0,97 e en segunda posición Andrea Rivas con 45 e un coeficiente de 0,83.
Parabéns para esta xogadora pola gran recta final de tempada que está a encarar e extensible tamén a todo o equipo, en cuxa cohesión as individualidades poden ter sentido.