O sábado ás 19:00 o equipo de Barrero recibe ao equipo da Concentración Permanente da Selección Xuvenil Feminina, que conta nas súas filas coas xogadoras galegas, Emma Ordoñez de Boiro, Antía Rodríguez de Monforte e a coruñesa Calíope García, e realiza a liga Regular de SF2 encadrado no Grupo A, e nestes momentos ocupa a sexta posición a un só punto do Zalaeta, o que converte o encontro nunha loita vital para situarse na zona tépeda da clasificación. Unha vitoria de tres puntos daríalle opción ás coruñesas de avanzar ata dúas posicións na clasificación.
“O equipo da concentración este ano é un equipo difícil de bater, di Jorge Barrero, na miña opinión é un dos mellores da liga sobre todo cando xoga de local, aínda que nos desprazamentos non mostra tanta fortaleza. Para nós é un partido importante dada a situación do equipo, puntuar é necesario para non perder o ritmo da zona media da táboa. A vitoria da semana pasada e o xogar en casa inciden positivamente no ánimo das xogadoras, sairemos a dar o máximo”.
Despois da vitoria obtida a xornada pasada ante o Valladolid a moral está alta no equipo do instituto, que continúa callando boas actuacións e nestes momentos acompáñanlle os resultados. O xogo despregado pola xogadoras do Zalaeta continúa tendo eco nas estatísticas nas que ven reflectidas as coruñesas de maneira continuada, e a anterior xornada non foi unha excepción.
Unha xornada na que a xogadora Cristina Gimenez do Volei Grau Castelló foi elixida MVP despois de realizar 24 puntos en 5 sets que lle valeron para situarse con Máxima Anotadora e á vez como Mellor Atacante con 20 puntos e un 43% de eficacia, a xogadora do Zalaeta, Alba Quirós sitúase segundo lugar con 20 puntos e un 40% de eficacia nun triplo empate entre as Mellores Atacantes, e á vez terceira Máxima Anotadora con 22 puntos, 2 Aces, o que lle fai aparecer no Sete Ideal por segunda vez en tempada. Tamén a central Andrea Rivas métese entre as mellores como segunda Mellor Bloqueadora despois de realizar 5 bloqueos e 10 puntos ante o UVA.
………………………………………………….
LIGAS GALEGAS
Oitava xornada tamén na competición autonómica esta fin de semanana na que tan so xogarán os equipos de 1ª Div Senior e Xuvenís, xa que os equipos Cadete e Infantís xogaron os partidos correspondentes a esta xornada os días 21 na casa as cadetes e o día 15 en Monforte as infantís.
Toca polo tanto, desprazamento a Lugo para enfrentarse o EMEVE o domingo 29 a partir das 10:00 na Casa do Deporte, donde se xogarán de xeito simultáneo dous partidos:
1ª Div Senior MEL-FROR EMEVE Vs AUTOS CANCELA ZALAETA
1ª Div Xuvenil MEL-FROR EMEVE Vs AUTOS CANCELA ZALAETA