/ESTATÍSTICS DA 6ª XORNADA

ESTATÍSTICS DA 6ª XORNADA

  Xa están publicadas as estatísticas da sexta xornada, e  esta semana a elección de MVP recae sobre a xogadora do RGC Covadonga Cristina Chamoso. A súa excelente actuación no partido ante o FisiomásZalaeta foi clave para a obtención da vitoria do equipo xixonés no complicado partido do sábado no Braulio García.
  Nunha semana na nove xogadoras superaron os 20 puntos, nada menos que 33 puntos levan á xogadora xixonesa a encabezar a clasificación de Máxima Anotadora, dos cales, 28 de ataque cunha eficacia do 47%, sitúana como Mellor Atacante.
  Mentres tanto, as xogadoras do Zalaeta continúan deixándose ver nas clasificacións da semana, e nesta ocasión é a quenda da central Olalla G. Taibo, que entra na clasificación dos Tops da Xornada por primeira vez na tempada na terceira posición das Mellores Sacadoras con 4 Aces.
  Reflexo dos bos momentos de xogo despregado polo Zalaeta en sucesivos partidos, a pesar dos resultados, é a presenza continuada dalgunha das súas xogadoras nas clasificacións da semana da RFEVB.

Esta é a liña de traballo, os resultados non tardarán en chegar.
TAGS: