Alba Quirós 4 e Andrea Rivas 7 |
Martes, temos que estar pendentes, xa o sabemos, saen as estatísticas de SF2.
Xa está publicadas, e a xogadora do CV Madrid Chamberí, Ane Cengotitabengoa é a elixida MVP da quinta xornada despois da vitoria das madrileñas sobre o líder do seu grupo na que a oposta tivo unha actuación destacada. Cengotitabengoa encabeza tamén as clasificacións de Mellor Atacante e Máxima Anotadora.
Unhas estatísticas, as desta xornada, nas que volve notarse a presenza das xogadoras do FisiomásZalaeta, que non deixan pasar a súa oportunidade en cada partido disputado. Catro partidos con presenza nos Tops da Xornada das coruñesas, representación que nesta ocasión recae sobre a central Andrea Rivas despois do bo partido realizado ante o EMEVE no que realizou 6 bloqueos e 13 puntos que lle serven para ocupar a segunda praza de Mellores Bloqueadoras e e aparecer por primeira vez na tempada no Sete Ideal de Xornada.
E como non. Alba Quirós, xa habitual nestas clasificacións, nesta ocasión encabeza a clasificación de Mellor Sacadora, con 7 Aces ante as lucenses, encontro no que sumou 19 puntos.
Non son estes resultados senón unha mostra do bo traballo desenvolvido polo conxunto de Barrero, do que sen dúbida se recollerán os froitos.
Parabéns e ánimo, esta é a liña, o esforzo dará resultado.