/QUINTA XORNADA: FISIOMÁSZALAETA Vs EMEVE LUGO

QUINTA XORNADA: FISIOMÁSZALAETA Vs EMEVE LUGO

  Quinta xornada de SF2 e primeiro derby galego da categoría  no Barrio das Flores coa visita do EMEVE de Lugo.
  O sábado día 7 ás 19:00 o FisiomásZalaeta recibe a visita do conxunto lucense para un partido que será importante  para ambos os equipos e de gran rivalidade.
  O Zalaeta, de novo na casa despois de dúas xornadas lonxe do Barrio, necesita  os puntos para manter as súas opcións e tratar de conservar a imbatibilidade do seu feudo, mentres que o equipo de José Valle tratará de sumar ante un rival directo na categoría.
  O EMEVE, recentemente descendido da máxima categoría do voleibol nacional, enfróntase a unha tempada crave, de renovación despois de perder a varias das suas mellores xogadoras, de tal modo que se viu obrigado a dar protagonismo á súa canteira presentando un equipo novo, en formación, non exento de calidade pero falto de rodaxe e experiencia, pero que está a ter un bo comezo de Liga, con dúas vitorias e unha derrota suma 6 puntos e ocupa a cuarta praza da clasificación.
  Pola súa banda o Zalaeta atópase nunha situación parecida, coa canteira cobrando cada vez máis protagonismo, aos poucos as súas xogadoras máis novas van tomando as rendas co apoio das máis veteranas. O comezo de Liga para o equipo de Jorge Barrero non é moi bo, dúas derrotas por unha vitoria, pero si está a ser satisfactorio o xogo e a actitude mostrada na cancha a pesar dos resultados, sobre todo tendo en conta dous partidos xogados a domicilio ante os dous primeiros equipos do grupo A, con grandes momentos de xogo que puxeron en evidencia a superioridade dos líderes.
  As ganas de puntuar ante o seu público e a intención de manter a imbatibilidade no Barrio, farán do partido do sábado un espectáculo aderezado coa gran rivalidade existente entre ambos conxuntos, no que seguro que haberá un vencedor, o VOLEIBOL.