Segundo desprazamento consecutivo do FisiomásZalaeta que esta xornada viaxa a Tenerife para enfrontarse ao Cuesta Piedra Santa Cruz, un dos equipos punteiros da categoría con aspiracións a liderar o grupo A.
Partido complicado o que espera ás pupilas de J. Barrero ante un equipo reforzado e con aspiracións de Superliga que conta nas súas filas con xogadoras como a central internacional Marisa Fernández e a tamén internacional polo seu país a colombiana Wanda Banguero, que de momento ocupa a cuarta posición despois de perder no fortín de Los Pajaritos ante a xogadoras da Permanente.
As coruñesas desprázanse minguadas a Tenerife para xogar o seu terceiro encontro da presente tempada, cunha vitoria e unha derrota atópanse na parte baixa da táboa. A difícil opción de puntuar no Municipal de Tenerife está na mente do equipo que pretende dar a sorpresa da xornada para obter a primeira vitoria lonxe do Barrio, despois da derrota en Torrelavega ante outro dos aspirantes da categoría e ao que se lle puido derrotar a domicilio.

Ligas Galegas:
Este fin de semana, partido en casa ante o Dompa Xestión.
O CV San Martiño despraza á nosa cidade tres equipo para xogar os seus respectivos compromisos co CV Zalaeta o venres pola tarde no Pavillón do Instituto cos seguinte horarios:
2ª Div
Cadete: CV ZALAETA Vs DOMPA GESTION 16:00
Cadete: CV ZALAETA Vs DOMPA GESTION 16:00
1ª Div
Juvenil: AUTOS CANCELA ZALAETA Vs
DOMPA GESTIÓN 18:00
Juvenil: AUTOS CANCELA ZALAETA Vs
DOMPA GESTIÓN 18:00
1ª Div
Senior: AUTOS CANCELA ZALAETA Vs
DOMPA GESTIÓN 20:00
Senior: AUTOS CANCELA ZALAETA Vs
DOMPA GESTIÓN 20:00
Pola súa banda o equipo de 1ª Div Infantil, ten aprazado o seu compromiso ante o VoleyOurense.