/COMPETICIONS DO FIN DE SEMANA 17 E 18.

COMPETICIONS DO FIN DE SEMANA 17 E 18.

  Segunda xornada de Liga na o que todos os equipos do CV Zalaeta xogan na casa os seus respectivos compromisos. 


  A SF2 celebra a súa segunda xornada, primeira para o FisiomásZalaeta, que despois do descanso do pasado fin de semana estréase na presente competición na súa cancha e ante o seu público, nun partido que lle enfrontará no Barrio da Flores ao conxunto de Avilés, Planeta Palombina La Curtidora.
  O equipo asturiano viaxa coa necesidade de puntuar despois de ceder na súa cancha un 1-3 ante o CV Torrelavega, e despois de tomarlle o pulso á competición quererá sorprender no Barrio. Cun potencial similar ao da tempada pasada, na que entre ambos os equipos houbo repartición de puntos, o partido do sábado non é de fiar para o técnico, “somos dous equipos parecidos, explica Jorge Barrero,  e elas xa comezaron a competición, para nós o mellor é que xogamos en casa. A Curtidora en pretemporada remontoulle dous sets ao Torrelavega no torneo de Avilés, aínda que a xornada anterior perderon coas cántabras, pero se desprega o seu xogo, é un equipo perigoso, quizais con dependencia do que faga a súa veterana xogadora Imargues. Pola nosa banda, sairemos buscando o ritmo de competición que nos falta e que só pode dar nos partidos cos puntos en xogo, espero un bo rendemento do equipo na nosa cancha”.
  O equipo do Instituto realizou un pretemporada sen demasiados altibaixos, moi regular, na que foi de menos a máis e sobre todo sen ter baixas, de modo que no comezo da competición o adestrador dispón de todas as xogadoras coa excepción de Tere Álvarez, que ao comezar máis tarde, aínda lle falta ritmo de xogo.
  Ás 19:00 do sábado no Barrio das Flores xogarase o encontro ente o FisiomásZalaeta e o  Planeta Palombina La Curtidora, nunha xornada na que o primeiro líder, o EMVE de Lugo descansa, de modo que cederá o liderado momentaneamente. O primeiro aspirante a ocupar o posto da lucenses, o Torrelavega, teno complicado co seu desprazamento a Tenerife, mentres o CAEP Soria desprázase a Valladolid.

  En canto ao resto de equipos, o fin de semana repártenllo da seguinte maneira.
  O Autos Cancela Zalaeta de 1ª Div Senior atópase no grupo de cabeza despois da súa vitoria a domicilio ante o Xuvenil de Teis por 1-3 nun partido moi traballado das pupilas de Tania que lles serviu para anotar os primeiros puntos da tempada. Nesta segunda xornada mediranse ao Jealsa Boiro Voleibol que sufriu unha contundente derrota na súa casa a mans do Caldaria de Ourense, e que o domingo se desprazará á nosa cidade para xogar a partir das 10:30 no Pavillón do Instituto.
 
  Tamén despraza o club de Boiro ao seu equipo de 1ª Div Xuvenil que dirimirá as súas diferenzas coas coruñesas a continuación, a partir das 12:15 Autos Cancela Zalaeta Vs Jealsa Boiro Voleibol tamén na cancha de Zalaeta. Ambos os equipos con necesidade de puntos despois de caer na primeira xornada nos seus respectivos enfrontamentos.

  Pola súa banda o equipo de 2ª Div Cadete do CV Zalaeta enfrontarase ao Dumbría , que perdeu 0-3 ante Ourense,  o sábado ás 10:30 na cancha de Zalaeta mentres o equipo do Instituto impúxose a domicilio ao Teis por 1-3.

  A continuación o equipo de 1ª Div Infantil CV Zalaeta xogará ante o Fontán Álvarez X. Teis o sábado ás 12:15 no Pavillón do Instituto Zalaeta. Dous equipos que loitarán duramente por facerse cos primeiros puntos da tempada desúes de ser derrotados na primeira xornada.