/DESPRAZAMENTO A AVILÉS

DESPRAZAMENTO A AVILÉS

   Despois da vitoria no Torneo de Valladolid, toca desprazamento a Asturias para xogar o IX Torneo de Avilés no que participan co equipo do Instituto, o anfitrión, AD La Curtidora, Universidad de León e o CV Torrelavega.

   No Municipal dos Canapés, o sábado 26 ás 10:30 comezará a 1ª semifinal que enfrontará á Curtidora co Universidade de León e ás 12:30 a 2ª semifinal que disputarán o CV Torrelavega co FisiomásZalaeta. Pola tarde, ás 17:30, terceiro e cuarto posto e ás 19:30, a final.
  O Torneo de Avilés, que xa é un clásico de pretemporada, serve para continuar a preparación e ir collendo ritmo de competición ante rivais da mesma categoría, cun encontro inicial ante o club cántabro que finalizou como campión de grupo a campaña pasada e que lle servirá ao técnico Jorge Barrero para ir definindo o equipo para a liga.
  Despois do bo sabor de boca que deixou o xogo despregado en Valladolid, as dúbidas céntranse nas xogadoras que se poderán desprazar para esta cita, na que para o técnico, “o importante é o ritmo de competición que podamos adquirir para o comezo da liga e que o equipo continúe axustándose, na liña dos partido xogados en Valladolid, despois os resultados irán chegando”.

TAGS: