O equipo alevín está a piques de finalizar a tempada, unha tempada que
vén marcada deportivamente polo bo rendemento que alcanza este grupo,
adestrado por Patri e Tania, ao concluír a competición, e tamén pola boa
sintonía e compenetración que ao longo deste ano de bo rolo foron
adquirindo as xogadoras.

Arriba, de dereita a esquerda: Patri, Icía, Iago, Andrea, Alma, Alicia, Paula, Tania. Abaixo, Natalia, Guenoa, Icía, Adela, Sara, Marina e Álvaro. |
O pasado sábado 30 de Maio xogábase en Moas o Campionato Provincial de
Deporte Escolar, para o que o equipo de Zalaeta clasificouse logo de
quedar 2º da nosa liga. Xogábase en xornada de mañá e tarde, “xogamos a
primeira semifinal, di Tania, contra o Manuela Rial, campión da zona
Santiago-Barbanza, a outra semifinal disputábana o Santa María do Mar
contra o CEIP Teixeiro. Finalmente acadamos a segunda posición, unha mágoa
xa que logo de tanto traballo e bo xogo ben mereciamos o primeiro
posto”.
Recollida de Premios dos Xogos Escolares no Teatro Rosalía de Castro. |