/TORNEO CADETE FEMININO EN BARRAÑA

TORNEO CADETE FEMININO EN BARRAÑA

  Hoxe
sábado o Club Voleibol Atlético Boiro organiza o Torneo de Voleibol
Cadete
que se desenvolverá en sesión de mañá e tarde no PM de Barraña
coa colaboración do concello de Boiro, no que participarán os equipos
seguintes: CVAB, CV Noia, CV Rianxo e CV Zalaeta.
  
Pola mañá xogaranse as eliminatorias nas que o equipos enfrontaranse
todos contra todos en partidos xogados a un set de 25 puntos, gañado
cunha diferenza mínima de 2 puntos. E pola tarde, logo da comida no
restaurante Abadía que compartirán todos os equipos participantes,
celebraranse as finais no mesmo escenario, en partidos nesta ocasión
xogados ao mellor de tres sets, cun terceiro de desempate a 15 puntos.
 
Para esta atractiva xornada deportiva desprázase no autobús de Autos
Cancela
un equipo do club do Instituto, coa súa adestradora Mery
Martínez á fronte, composto pola seguintes xogadoras: Andrea Rial,
Salam Fdez. Casabella, Marina Dans, Alejandra Rivera, Lucía Vendrell, Paula Rey,
Iria Pérez, Inés Rúa, Claudia Carreja, Ainhoa Castro, Nerea Castiñeira  y Sara Souza.

 

TAGS: