regular, os equipos encóntranse inmersos nas fases de ascenso e na
preparación dos diferentes Campionatos Galegos que dan paso ao
Campionato de España.
O equipo xuvenil Autos Cancela Zalaeta, despois de clasificarse en segundo lugar no Campionato Galego, obtén, xunto no EMEVE,
praza para disputar o Campionato de España Xuvenil Feminino que se
celebrará en Las Palmas de Gran Canaria do 6 ao 10 do próximos mes de
Maio. Polo tanto continúa a súa preparación, con máis intensidade se
cabe para enfrontarse a esta competición, a máis esixente do calendario
para esta categoría; e dentro da planificación deste evento que pecha a
tempada, esta mañá realizouse un desprazamento a Lugo para xogar unha serie de partidos co equipo local, EMEVE e o Real Grupo Cultural Covadonga de Gijón, dous equipos que tamén participarán no Campionato de España.
Estaba previsto unha dobre triangular, mañá e tarde, pero inconvenientes de última hora motivaron que o Zalaeta
non puidese participar na sesión de tarde, realizando soamente un
enfrontamento con cada equipo pola mañá dunha duración de 1 hora cada
partido, nos que se xogaron catro sets con resultados moi axustados.
Dous sets favorables ao EMEVE co mesmo resultado en ambos os dous: 26-24 e un empate 1-1 ante Grupo.
Sesión que dispuxeron os adestradores para realizar cambios e probar diferentes combinacións na que o adestrador coruñés D. Hermida desprazou ás seguintes xogadoras: Andrea Rivas, Susana Suarez, Alba Quirós, Noemí Vázquez, Inés Rivas, Nerea Tabeayo, Raquel Rey, Paula Lema e Lidia Gudge.
O
equipo do Instituto contou con dúas baixas para a xornada de hoxe e o
estado crítico dalgunha das súas xogadoras motiva máis a dar marxe de
recuperación que a forzar a preparación.
Mañá luns 27, celebrarase o sorteo do Campionato de España e xa poderemos coñecer os emparellamentos e o calendario.
partido disputado, xa que se enfrontaron os primeiros da táboa contra os
segundos. Pero esta vez o marcador decantouse polo Zalaeta,
que tras perder o primeiro set, non lle quedaba outra que remontar, e así
foi. Gañaron o segundo con bastante vantaxe e lograron poñer o 15-9 no
terceiro set con grande axuda en todo momento da animación do banco e da
bancada. Desta forma, sumando a vitoria de onte e a da semana pasada
contra o Calasancias, conseguimos achegarnos á cabeza. A estos últimos, o Calasancias, volveremos a enfrentarnos dentro de dous fins de semana para finalizar a Liga Regular.
xogadores foi moi boa durante toda a tempada, deixando ver a grande
evolución do seu xogo, despois de facer posiblemente o mellor partido no
que vai de liga. Esperemos que continúen así de ben os resultados e
sobre todo o esforzo que cada un deles realiza día a día, sen que se nos
esquece o compañeirismo e por suposto da diversión”.
Tamén o equipo de infantís continúa xogando a promoción da que o pasado fin de semana xogaron os partidos de ida e volta co Dorrón.
No partido de ida, Dorrón – Zalaeta, vitoria coruñesa por 0-3, con parciais. 19-25; 20-25 y 17-25. Polo equipo do Instituto xogaron as sigueintes xogadora: Claudia, Lucía, Inés, Paula, Noe, Eva, e tamén Ainhoa e Íria.
Xogouse tamén o partido de volta Zalaeta – Dorrón, tamén con vitoria local, 3-0, con parciais. 25-12; 25-22 y 25-14. O equipo de Cristina presentou as seguintes xogadoras: Claudia, Lucía, Inés, Paula, Íria, Noe, Ainhoa, Eva, Andrea e Alma.