Lydia Alonso Cristina G. Bermejo Andrea Rivas |
Xa están publicadas as estatísticas da derradeira xornada de liga. Sara Julián do S. Cugat, MVP da xornada por terceira vez na tempada, despois de anotar 29 puntos en catro sets na vitoria do seu equipo ante Guadalajara.
A vitoria do FisiomásZalaeta ante o Grupo para pechar a liga, déixanos a destacada actuación das súas xogadoras; a central Lydia Alonso, posiciónase como “Mellor Bloqueadora” e é incluída no “Sete Ideal da Xornada” no que tamén se encontra Cristina G. Bermejo; e a tamén central Andrea Rivas, en terceira posición de Bloqueadoras.
Bo
final de liga para o equipo coruñés, con vitoria a domicilio e presenza
importante das súas xogadoras entre as mellores da xornada.
En boas posicións tamén encontramos as xogadoras do Zalaeta na estatísticas globais, aquelas que recollen os resultados de toda a tempada. Así a central Lydia Alonso encabeza a “Clasificación por bloqueo” cun total de 58 “killing blocks” e un coeficiente de 0,94, unha clasificación na que tamén atopamos a Andrea Rivas en quinto lugar con 46 e 0,72. Na “Clasificación de colocadoras” aparece Cristina G. Bermejo en sétima posición, cun 29,52% de efectividade, e Rocío Durán na “Clasificación de Saque” en cuarto lugar con 37 ACES e un coeficiente de 0,66.
A efectividade no bloqueo do FisiomásZalaeta
ponse de manifesto nas “Estatísticas por Equipo” nas que ten a media
máis alta de ambos os dous grupos de SF2: 2,5 puntos por set, os mesmos
que o CAEP Soria.
Un 27% de efectividade en ataque sitúao entre os mellores da liga, e
2,2 puntos por set de Saque Directo, é o terceiro mellor rexistro da
especialidade.
Isto é o resumo dos números dun grupo cuxa nota máis
alta a leva na súa identificación como equipo e na compenetración entre as súas xogadoras.