Hoxe comezou a Superliga Júnior Feminina 2015, que se disputará en Las Palmas de Gran Canaria do
12 ao 15 de Febreiro. Organizado polo Club JAV Olímpico reúne 13 equipos da categoría que loitarán polo título que ostenta o Feel Volley Alcobendas gañador da edición celebrada o pasado ano na Coruña.

A
celebración deste torneo provoca un aprazamento da xornada de SF2, que
traslada os seus partido para o sábado día 21, no que o FisiomásZalaeta se medirá o Feel Volley Alcobendas ás 19:00 no Barrio das Flores. Tamén supón un parón nas competicións galegas, que se pospoñen para o mesmo día 21.
Aproveitando a ausencia de competicións oficiais, o equipo xuvenil do instituto trasládase a Gijón para xogar o primeiro Torneo Carnaval de Voleibol, que organizado polo Real Grupo Cultural Covadonga se celebrará o domingo día 15 en sesión de mañá e tarde.
Os equipos participantes serán o AD Los Campos de Corvera, CV Torrelavega, CV Zalaeta e RGC Covadonga, e os cruzamentos os seguintes:
RGC Covadonga Vs AD Los Campos ás 10:00, e ás 12:00 CV Torrelavega Vs CV Zalaeta.
Os partidos celebraranse no Braulio García, nas instalacións do Grupo Covadonga, e pola tarde xogaranse o terceiro e cuarto posto ás 15:45 e ás 17:30, a final.
O equipo xuvenil do Zalaeta desprazarase sen o seu adestrador habitual David Hermida, cuxa ausencia é debida a motivos laborais, e no seu lugar farao o adestrador Jorge Barrero co que viaxarán as xogadoras seguintes: Andrea Rivas, Susana Suarez, Noemí Vázquez, Raquel Rey, Paula Lema, Lidia Gudge, Inés Rivas, Ana Calvo, Nerea Tabeayo, Lydia Alonso e Alba Quirós.

O desprazamento realizarase como de costume, no autobús de Autos Cancela, que fará a saída como é habitual desde o Instituto Zalaeta ás 07:30 da mañá do Domingo día 15, e regresará unha vez finalizados os partidos en Gijón.
BOA VIAXE E BOA SORTE!!