Publicadas as Estatísticas da RFEVB de SF2. Unha vez máis o MVP da xornada recae sobre a xogadora do CAEP Soria Ana Escamilla,
protagonista da dobre vitoria do seu equipo neste fin de semana. Un
total no fin de semana de 39 puntos, 6 bloqueos e 2 aces, son os seus
números.
protagonista da dobre vitoria do seu equipo neste fin de semana. Un
total no fin de semana de 39 puntos, 6 bloqueos e 2 aces, son os seus
números.
Por parte do FisiomásZalaeta unha vez máis a receptora Rocío Durán aparece nas estatísticas posicionándose como a Mellor Sacadora con 5 aces.
O grande encontro realizado polo Zalaeta
o pasado sábado no Barrio vese referendado tamén pola actuación das
súas xogadoras, entre as que destaca o bo partido realizado pola
receptora coruñesas, que ante o líder anotou ademais 11 puntos cun 58%
de efectividade en recepción.
Tamén se coloca como segunda Mellor Bloqueadora, nun triplo empate na categoría, a viguesa Lucía Pérez do Xuvenil de Teis.