/TORNEO PADRE FAUSTINO DE VOLEIBOL 2015

TORNEO PADRE FAUSTINO DE VOLEIBOL 2015

VER + FOTOS
  Celebrada a 10ª Edición do Torneo Padre Faustino de Voleibol organizado polo Colexio Calasancias
nas instalacións do colexio. Comezaba ás 10 da mañá do domingo, e
finalizaba con éxito de organización e grande asistencia de público, ás
18:00 reunindo equipos de categorías base, Benxamín, Alevín e Infantíl.
  O equipo do Liceo La Paz, proclamouse campión da categoría infantil feminino seguido das anfitrionas Calasancias A e de Zalaeta en terceira posición; en infantíl masculino gaña Oleiros, en alevín feminino Liceo e en alevín masculino Zalaeta e en benxamín feminino, de novo Liceo en primeiro lugar.
  O C.I Voleibol Zalaeta participou con dous equipos, un infantíl
e outra alevín, obtivo bos resultados, pero fundamentalmente compartiuse
unha xornada lúdica e deportiva no marco dun grande ambiente festivo
como corresponde a este xa clásico Torneo de Nadal.
  As adestradoras  trasmitennos as seguintes impresións, para Patri Santos adestradora de alevins:

 “Torneo moi completo de todas as xogadoras que serviu para seguir perdendo nervios á hora de xogar e coller mais confianza. Debido ás datas nas que estamos, só puideron acudir 8 xogadoras dos 14 xogadores que forman o equipo alevin mixto: Adela, Alicia, Alma, Antia, Guenoa, Icia, Natalia e Sara.
  Xogaron 4 partidos, conseguindo 3 vitorias e 1 derrota, pero ao ser esta contra Lugo que tiña menos de 8 xogadores nolo deron por gañado.
  As nenas pasáronno xenial grazas ao espectacular ambiente de volei creado pola organizacion, e ademais teñen visto que o traballo que fan dia a dia nos adestramentos dá os seus froitos.
  Quizais non destaquemos por altura nin por grandes dotes tecnicas, de momento, pero a constancia nos adestramentos nótanse, e con elo mellora a prestación do equipo, e niso estamos.
  Esta semana volveremos aos adestramentos o venres, e o sábado xogaremos o noso segundo partido de liga en Monte dás Moas.
  Intentaremos seguir mellorando, e a partir de aí non nos poñer nerviosos nos partidos para ter opcións de gañalos”.

  Andrea Rivas, adestradora do equipo infantíl, contanos a súa experiencia:

  “Para
o Torneo Padre Faustino de Calasancias fomos invitados a participar cun equipo
alevín e outro infantíl. Cristina e eu decidimos que levaríamos a un grupo
“mixto”, e dicir, convocaríamos a seis sogadoras de Liga Galega y a
outras tantas de grupo de iniciación.
  O obxectivo que nos prantexábamos era que
as máis veteranas aproveitasen para asumir responsabilidades axudando e
dirixindo no campo (e tamén volver a conectar logo do parón navideño) e que as
“novatas”, para as que era o seu primeiro partido de voleibol,
collesen sensacións no campo e aprendesen como funciona o xogo. O obxectivo
cumpríuse, saíu ben a “mestura” e todas as xogadoras disfrutaron de
minutos no campo, e como premio a unha boa actuación, as rapazas conseguiron
acadar o terceiro posto da categoría infantil feminino logo de gañar 2-1 a Lugo
en cuartos de final, nun encontro no que custou romper o xeo; a continuación perdíamos  a semifinal contra o que a postre sería
subcampeón, o Calasancias A, equipo anfitrión e máis experto, cun plantel de
xogadoras de Liga Galega que nos vencen por 2-0.

  Aínda
así, disputamos un terceiro set amistoso para darlle cancha ao banquiño.

  A
loita polo terceiro posto foi máis doada, xa que o Calasancias B era un equipo
máis novo e lle gañamos 2-0 cos parciais máis solventes do torneo. Tamén nesta
ocasión disputamos un 3º set amigable.

  En
resumo, test positivo para as infantis, que puideron xogar tres partidos contra
rivais moi diferentes nun mesmo día, nos que competiron e disfrutaron, e nos
que o único que se lles pode achacar son algúns erros sobre todo no saque, que
hai que correxir.

  Así a
todo puideron vivir un día completo de Voleibol cun bo ambiente compartindo con
rapazas de outros equipos, e no que so nos cabe felicitar a Calasancias pola
súa boa organización. 
Noraboa!
TAGS: