/TOPS DA NOVENA XORNADA

TOPS DA NOVENA XORNADA

                         LIDIA ALONSO (13)                                                         ANDREA RIVAS (7)                       

 Xa están publicadas as estatísticas correspondentes á novena xornada de SF2. Como todos os martes a RFEVB fai públicas os Tops da Xornada, e nesta ocasión, unha vez máis a xogadora do Universidad de Granada Celia Bedmar sae elixida como MVP da Xornada, os seus 32 puntos e excelente rendemento en todas as facetas do xogo no partido ante o Leganés, a fan acredora da mención por segunda vez ao tempo que se postula como unha das mellores xogadoras da Liga.

  Nunha Liga na que os resultados das xogadoras dos dous Grupos participan na elaboración dos Tops
da Xornada, e en particular nunha xornada, a última da primeira volta
na que se xogaba a tope para definir posicións e participantes na Copa,
de novo as xogadoras do FisiomásZalaeta volven ser protagonistas.
  O excelente encontro disputado no Barrio entre o Zalaeta e o RGC Covadonga
foino pola entrega das xogadoras de ambos os dous equipos e as
actuacións individuais dos seus compoñentes entre as que destacan o
partido realizado polas centrais coruñesas Andrea Rivas, con 6 puntos de bloqueo, á fronte da clasificación de Mellores Bloqueadoras e Lydia Alonso, 5 puntos de bloqueo, terceira na mesma clasificación. As súas boas prestacións nesta xornada, con 17 puntos de Lydia e 10 de Andrea lévanas tamén a entrar no Sete Ideal.
  Por parte asturiana, a receptora Cristina Chamoso ocupa a terceira praza das Mellores Atacantes.
  Ambas as dúas centrais do Zalaeta continúan entre as mellores bloqueadoras da Liga, Lydia en segundo lugar e Andrea terceiro, nunha clasificación que encabeza a almeriense Ruano.

TAGS: