O equipo de D. Hermida
continúa á fronte da clasificación, a pesar da derrota sufrida o fin de
semana pasado ás mans do VoleyOurense, pero envolvido nun triplo empate
coas ourensás e o EMEVE, polo que é
prioritario facerse cos puntos en xogo para manter o privilexio da
primeira posición e ao mesmo tempo distanciar un rival directo como é o Xuvenil.
Para
este complicado desprazamento, o adestrador contará co equipo xuvenil
ao completo para disputar unha xornada na que haberá que estar pendente
doutros resultados que poden dar lugar a cambio significativos na
clasificación.
En 2ª División A é o VoleyOurense o que manda na clasificación en
solitario logo da vitoria obtida sobre o Autos Cancela Zalaeta o domingo
pasado. Nesta xornada nº 8, o Zalaeta desprázase a Teis para xogar o
seu partido ante o Xuvenil que , cun partido máis, ocupa a segunda
posición. A intención esta clara: puntuar no Municipal de Teis para
recortar diferenzas e tratar de avanzar na clasificación.
LIGA GALEGA XUVENIL:
IBERICARTURBOTRACCIÓN XUVENIL TEIS Vs AUTOS CANCELA ZALAETA VENRES 19:15 P. M. TEIS
2ª DIV. A:
IBERICARTURBOTRACCIÓN XUVENIL TEIS Vs AUTOS CANCELA ZALAETA SÁBADO 12:30 P.M. TEIS
O autobús de Autos Cancela que realizará o desprazamento cos equipos a Teis, sairá dende o Instituto de Zalaeta cos seguintes horarios:
Sábado ás 16:00 co equipo xuvenil.
Domingo ás 09:30 co equipo de 2ª Div. A
Boa viaxe, e moita sorte!!