/ESTATÍSTICAS DA XORNADA Nº 6

ESTATÍSTICAS DA XORNADA Nº 6

Rocío Durán
  Non todo son malas noticias, e nesta ocasión a achega positiva corresponde a Rocía Durán.
  Como todos os martes a RFEVB publica as estatísticas da xornada onde podemos ver a través dos seus números aquelas xogadoras que tiveron un alto rendemento.
  Nunha xornada na que MVP resultou ser a xogadora do San Cugat Sara Julián,
cun alto rendemento nos dous partidos disputados polo seu equipo ese
fin de semana e nos que a súa actuación foi clave para obter a vitoria.
Destacar a actuación de Celia Bedmar do U. De Granada, dominadora de tres categorías das estatísticas.
  Por parte do FisiomásZalaeta, esta xornada ten un nome propio, o de Rocío Durán, que se pon á fronte da clasificación de Mellor Sacadora con 7 puntos directos e unha destacada actuación en Alcobendas, onde logrou 12 puntos e un 84% en recepción. Nestes momentos tamén ocupa a segunda posición como mellor sacadora da liga, 15 ACES e unha media de 0.94 por set.
  Destacar tamén o rendemento da xogadora de Sada, Patricia Suarez que encabeza esta xornada a clasificación de Mellor Bloqueadora con 6 bloqueos no seu partido ante o Teis.

TAGS: