/PARTIDOS DO FIN DE SEMANA: LIGAS GALEGAS.

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA: LIGAS GALEGAS.

  Os equipos de Cadetes que participan o Liga Zonal Grupo A xogan en casa.
Partidos complicados para ambos, o C.I. Zalaeta A enfróntase ao
XiriaVolei, que se atopa clasificado en segunda posición cos mesmos
puntos que o Zalaeta A, pero con diferenza de sets a favor, xa que logo,
este encontro aclarará as cousas na cabeza da clasificación.
  
O C.I. Zalaeta B enfróntase ao líder da categoría, o CV Narón Volea, que
comanda a clasificación en solitario. Será unha boa oportunidade para
as xogadoras de Mery para recortar posicións facendo valer o factor
cancha.
   
   C.I. ZALAETA B  Vs  CV
NARÓN VOLEA    SÁBADO  
10:00    INSTITUTO ZALAETA

   C.I. ZALAETA A 
Vs  XIRIAVOLEI              SÁBADO  
11:30    INSTITUTO ZALAETA
 O equipo de 2ª Div A desprázase a Cambados para xogar o partido
correspondente á 5ª xornada en O Pombal ante o equipo titular, o XAV
Cambados. As coruñesas, terceiras a 1 punto da cabeza, tratarán de sumar
para non perder o ritmo que de momento están marcando Ourense e
Pontevedra. 

    X.A.V. CAMBADOS   Vs   AUTOS
CANCELA ZALAETA    SÁBADO 20:00 O POMBAL
 
 O domingo o equipo de Liga Galega Xuvenil xogará en Santiago ante o CV Santiago, nun
encontro no que as do Instituto quererán sumar os puntos en xogo para
continuar mandando en solitario na clasificación da Liga Galega.
  
  CV
SANTIAGO   Vs   C.I. ZALAETA    DOMINGO 12:00  PAVILLÓN  MUNICIPAL  O RESTOLLAL
 O equipo de Liga Galega Infantil apraza o seu partido ante o VoleyOurense.
  
O autobús de AUTOS CANCELA que realizará o desprazamento a Cambados,
realizará a súa saída desde o Instituto Zalaeta o sábado ás 17:30.    
  E o domingo, tamén desde Instituto, AUTOS CANCELA sairá ás 10:00 con destino a Santiago.

BOA VIAXE E MOITA SORTE!!