/PARTIDOS DO FIN DE SEMANA

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA

  O equipo de SF2 desprázase este fin de semana a Rivas Vaciamadrid para xogar o partido correspondente á terceira xornada ante o Duero Proyel Rivas Ciudad del Deporte ás 20:00 do sábado no Pavillón do CEIP José Hierro.
  O FisiomásZalaeta
desprázase con intención de manter o seu refacho de triunfos, despois
dunha semana de adestramento cuxo obxectivo era o mantemento do bo
momento de forma das xogadoras e a recuperación de molestias e
sobrecargas.
  O enfrontamento co conxunto madrileño non lle parece
doado ao cadro técnico, “ocupan o último lugar da táboa, coméntanos o 2º
adestrador, Chisco, coa cuadrícula sen
estrear, e é iso o que pode convertelas nun rival difícil xa que
quererán puntuar na casa custe o que custe. É un equipo que estrea
categoría, polo que nos resulta certamente descoñecido, con poucas
referencias, cun equipo xoven ante o que trataremos de impoñer o noso
ritmo para volver con algo positivo”.

  Puntuar neste desprazamento sería importante de cara a manter a posición na táboa, xa que outros enfrontamentos, Haris-Torrelavega e CAEP-Teis poden deparar resultados favorables.

   O desprazamento realizarase por estrada con Autos Cancela, que realizará a saída con destino a Rivas Vaciamadrid o sábado ás 08:30 dende o Instituto Zalaeta.

BOA VIAXE E BOA SORTE!!

…………………………………………………………………………….

   Mañá venres primeiro partido
do fin de semana, derby local, as infantís de Liga Galega enfróntanse ao
Liceo, líder da categoría con 3 vitorias. Está previsto que o partido
comece ás 10:30 na cancha do colexio.

  Tamén na casa xogan as xuvenís, que reciben o Jealsa Boiro Voleibol
no Pavillón do Instituto ás 10:30 do sábado día 1. Importante partido o
esta terceira xornada que enfronta aos dous primeiros clasificados
empatados a puntos, de modo que o vencedor ocupará a primeira praza en
solitario.

  A continuación partido de 2ª Div A entre o Autos Cancela e o Jealsa Boiro Voleibol. Ás 12:00 en Pavillón do Instituto, nunha xornada na que se irán aclarando algunhas cousas da clasificación.


  Os equipos Cadetes A e B desprázanse. O equipo A desprázase a Narón co obxectivo de abrir oco na táboa, ás 10:00 en La Gándara. Mentres tanto, o equipo B visitará Padrón, onde no Polideportivo do Grupo Escolar se enfrontará ao equipo local.
 Autos Cancela realizará o desprazamento co equipo Cadete B a Padrón, e sairá dende o Instituto Zalaeta, como é habitual, o sábado ás 08:30.
 
BOA VIAXE E MOITA SORTE!!

LIGA GALEGA INFANTIL:         LICEO LA PAZ  Vs  C.I ZALAETA,  VENRES  10:30      COLEXIO LICEO LA PAZ


LIGA GALEGA XUVENIL:          C.I ZALAETA  Vs  JEALSA BOIRO VOLEIBOL, SÁBADO  10:30       P. ZALAETA
 
2ª DIV A:                  AUTOS CANCELA ZALAETA  Vs  JEALSA BOIRO VOLEIBOL, SÁBADO 12:00 P. ZALAETA
 
LIGA ZONAL CADETE:             CV PADRON  Vs  C.I ZALAETA A,   SÁBADO   10:30      POL. GRUPO ESCOLAR
                                             CV NARON VOLEA  Vs  C.I ZALAETA B, SÁBADO   10:30       POL. A GÁNDARA