Solucionada a primeira xornada
de Liga Regular con vitoria a domicilio e os puntos no peto, o
partido máis importante é o seguinte, o que significa o debut do equipo
na casa, no Polideportivo do Barrio das Flores.
O luns Jorge Barrero
deu descanso ás súas xogadoras, para continuar o traballo o martes,
centradas en analizar e corrixir erros e alcanzar a tensión necesaria
para competir ao máis alto nivel.
O bo momento no que se encontra o
equipo, froito dunha boa planificación, fai concibir esperanzas de cara á
consecución de resultados positivos, e o encontro do sábado ante o Fígaro Haris Tenerife será un bo test.
A
visita das tinerfeñas esperta o interese de ver un equipo ao que se lle
supón un dos importantes da competición, que se presenta esta tempada
moi reforzado e disposto a mandar na clasificación. Coa incorporación de
xogadoras como Ruth Oliver, Laura Naranjo, Anna Ladygin ou a oposta Patricia Suarez, ex Zalaeta e MVP
na primeira xornada cuns grandes números, fan que a presenza desta
escuadra no Barrio sexa un espectáculo deportivo de primeira orde.
Ante iso, o FisiomásZalaeta
opoñerá un equipo moi compacto e seguro de si mesmo, que realiza un
xogo moi serio na cancha e con ganas de seguir puntuando, nesta ocasión
facendo valer o factor campo contando coa afección á que ofrecer un
gran partido.

O choque dará comezo o sábado 25 ás 19:00 no Barrio das Flores.
O sábado 25 tamén haberá os seguintes partidos: continúa a Liga Galega Infantil Feminina (LGIF) na que o C.I Zalaeta enfróntase na 3ª xornada, ao X.A.V. Cambados a partir das 11:30 no Pavillón do Instituto Zalaeta. O Cambados,
con dúas vitorias, será un rival difícil para as do Instituto, pero os
puntos gáñanse na cancha, e as coruñesas están disposta a levarse os
puntos en xogo.

Comezan as Cadetes nesta xornada a Liga Zonal Cadete Feminina encadradas no Grupo A, categoría na que o club presenta dous equipos, A e B. Será a estrea en competición este ano do grupo de xogadoras preparadas por Mery e Pepe, que con moita ilusión esperan os seus respectivos enfrontamentos no INSTITUTO ZALAETA:
10:00 C.I. Zalaeta B Vs Fisio Che Ben San Sadurniño
13:15 C.I. Zalaeta A Vs CV Padrón
Haberá desprazamento para o equipo FisiomásZalaeta de Liga Galega Xuvenil Feminina, que xogan o partido correspondente á 3ª xornada ante o IES Ames no Municipal de Bertamirans ás 18:00.
E no mesmo escenario, a continuación, o encontro da 3ª xornada de Liga Galega 2ª A Feminina entre o CV Bruxas e o Autos Cancela Zalaeta ás 20:00.
O autobús de Autos Cancela que levará aos equipos a Bertamirans, realizará a súa saída o sábado ás 16:00 dende o Instituto Zalaeta.
BOA VIAXE E MOITA SORTE!!