Este fin de semana darase a saída ás competicións autonómicas das diferentes categorías. O Club Instituto Zalaeta con tres equipos en Ligas Galega, comeza unha tempada máis pleno de ilusión e con afán de reeditar os éxitos doutras tempadas.
As
máis novas en competicións deste nivel, e a vez as mais inexpertas,
serán as infantís, que militarán por primeiro ano na máxima competición autonómica, e da man das súas adestradoras Cristina e Andrea, realizarán o seu primeiro desprazamento á veciña localidade de Oleiros para enfrontarse ao equipo As Mariñas Oleiros. O partido dará comezo ás 13:00 con concentración previa unha hora antes nas instalacións do Valle Inclán.
Partido
a priori de resultado incerto, ante un conxunto que se prevé será rival
na clasificación, cun grupo de xogadoras moi animadas dispostas a facer
equipo e a dalo todo na cancha.
Outra formulación terá o grupo de David Hermida, campión xuvenil galego da pasada tempada, que se estreará na competición como visitante ante o Calasancias Coruña o sábado a partir das 16:00 na cancha colexial.
Cun equipo con cambios importantes e sen poder dispoñer de tres da súa xogadoras convocadas por J.
Barrero para o encontro amigable do sábado ante o Grupo, o equipo do
Instituto tratará de demostrar o seu potencial para facerse cos
primeiros puntos en xogo dunha Liga de 12 equipos que se espera sexa moi
competida.

E competido será sen dúbida o partido seguinte, na mesma cancha a partir das 18:00, o Calasancias Coruña se medirá ao Autos Cancela Zalaeta no primeiro encontro de 2ª División A, máxima categoría autonómica, reeditando lances doutras tempadas na loita polos postos de cabeza.
O Calasancias,
actual subcampión da categoría deberá de facer valer a súa condición de
local, mentres o Autos Cancela quererá presentar as súas credenciais
para optar a liderar a división.

Nesta categoría, sen dúbida, botaremos de menos o disolto equipo universitario UDC, vixente campión, que causa baixa xunto ao tamén clásico da categoría o ELLAEL Vigo Volei.
LIGA GALEGA INFANTIL: ÁS MARIÑAS OLEIROS – CI ZALAETA 13:00 VALLE INCÁN
LIGA GALEGA XUVENIL: CALASANCIAS CORUÑA – CI ZALAETA 16:00 CALASANCIAS
2ª DIVISIÓN A: CALASANCIAS CORUÑA – AUTOS CANCELA ZALAETA 18:00 CALASANCIAS