/ARRANCA A COMPETICIÓN COA DISPUTA DA COPA GALICIA

ARRANCA A COMPETICIÓN COA DISPUTA DA COPA GALICIA

  Comezamos a competición coa
celebración da primeira xornada de Copa Galicia no polideportivo do
Barrio das Flores mañá domingo a partir das 10:00.   
  Con este innovador
formato de competición, que consta de tres xornadas únicas a disputar ao
longo de tres fins de semana consecutivos, complétase unha pretempada de
partidos con equipos de Super Liga que permitirán ás distintas escuadras
alcanzar o nivel de competición óptimo para o inicio da Liga.

 Para Jorge Barrero,
“estes partidos de Copa Galicia non son máis que un medio para chegar
ben ao principio da liga, véñennos moi ben para chegar con ritmo de
competición”.
 
  O FisiomásZalaeta ademais, completará a súa preparación cunha visita do RGC Covadonga á nosa cidade, e un desprazamento para xogar o Torneo Villa de Aviles que organiza La Curtidora e no que participarán equipos do SF2.

  A competición comezará ás 10:00 no Barrio cos seguintes horarios:

                EMEVE                   FisiomásZalaeta     ás 10:00
                  Xuvenil Teis           EMEVE                   ás 11:30
                  FisiomásZalaeta     Xuvenil Teis           ás 13:00


  Cada
equipo xogará dous partidos por xornada a tres sets de 25 puntos cada
partido, e haberá que disputar os tres independentemente do resultado, o
cómputo total das tres xornadas, dará o vencedor.
  Sobre o papel o EMEVE de Lugo será o equipo a bater, recén ascendido á primeira categoría de volei español, defende o título de Copa logrado a pasada tempada o que o converte en favorito, pero na cancha todo pode cambiar.

  A Chisco complicámoslle a vida cando lle pedimos un prognóstico,
 “É difícil prognosticar un resultado, sobre o papel, deberiamos gañar ante o Xuvenil e poderiamos perder ante o EMEVE, pero haberá que xogar os partidos…”
TAGS: