/COMENZA A COPA GALICIA

COMENZA A COPA GALICIA

  Mañá sábado comeza a
competición oficialmente coa disputa da Copa Galicia nas súas diferentes
modalidades. Cun novo deseño, esta competición servirá para que os
diferentes equipos se vaian poñendo a ton e activen as súas respectivas
preparacións de pretempada, competindo ademais con equipos dun mesmo
nivel.
  Efectivamente, co novo formato deseñado pola FGVB,
a Copa Galicia divídese en tres niveis, Copa Galicia para os equipos de
Super Liga, Copa Federación para equipos xuvenís e de 2ª de competición
autonómica e a Copa Promesas para equipos de categoría infantil e
cadete. Con iso preténdese dinamizar esta competición, ao tempo que se
lle ofrece aos clubs a posibilidade de realizar unha completa e competitiva pretempada.
  O Club Instituto Zalaeta presenta un equipo en cada categoría. Coa escola xa funcionando, o equipo de cadetes desprazarase, baixo a dirección de María, a Monforte para xogar na pista da Pinguela, a partir das 11:30, os partidos correspondentes ao Grupo B, no que está encadrado xunto co equipo local CV Ribeira Sacra, CV Pontevedra e Narón Volea B. tres son os grupos que conforman esta categoría, a de maior número de equipos inscritos.
  Os
partidos en todas as categorías xogaranse tres sets de 25 puntos, e
sempre se xogarán os tres, e todos contra todos en diferentes roldas que
se celebrarán en tres concentracións dun día, en sedes diferentes.
  O autobús de Autos Cancela que realizará o desplazamento a Monforte, saíra, como de costume, dende o Instituto Zalaeta ás 09:00 do sábado.
BOA VIAXE, E SORTE!! 
……………………………………..

 Coas xogadoras de Segunda e xuvenís formarase o Autos Cancela Zalaeta que participará na Copa Federación, e baixo a batuta de David Hermida e Tania Cobos, iniciará a competición en Ourense no Paco Paz a partir das 10:00 de mañá sábado, enfrontándose á locais, Caldaria VoleyOurense, XAV Cambados e CV Pontevedra A.

“Unha competición para o equipo xuvenil e de segunda, explícanos David Hermida,
que supón unha parte máis da pretempada. Servirá para seguir acumulando
horas de pista. A estas alturas levamos máis traballo físico e técnico
que de xogo táctico, por iso nos virá ben empezar a ver cousas neste
aspecto”.
 
 Que novidades presenta este equipo con respecto á tempada pasada?, preguntámoslle o técnico.

“O equipo cambiou con respecto ao ano pasado, con novas caras que se incorporaron ( Noe e Lidia) e xogadoras que pasaron de categoría: Sara Amarelle, Patricia Santos, Elena Sardiña, Alba Fdez. e Sara Armesto, que achegaban veterania e calidade……por iso as xogadoras que o ano pasado tiveron un papel máis secundario terán este ano moita máis responsabilidade.
Outro
cambio importante tamén é que o equipo este ano é moito máis reducido (
de 17 xuvenís pasamos a 12) co que a súa participación será maior e
máis aínda cando 3 delas están dende o principio ás ordes de Jorge Barrero
e a súa competición principal será a SF2. En segunda contaremos con
algunha xogadora sénior máis, que está aínda por definir, pero nesta
competición o obxectivo será dar máis minutos ás xuvenís para aumentar o
seu nivel de competición”
.
 Co comezo de novo da competición, cual é a proposta para a tempada?, de que modo inflúen os resultados da anterior?
 “Os resultados do ano pasado….que
para min foron superiores ao que formularamos ao principio
(campionato galego, a actuación na Superliga Júnior, e como único pero, o
noveno posto no Campionato de España….que
me deixo un sabor agridoce). Pois eses resultados sempre quedan aí na
cabeza e o obxectivo dun equipo debe ser sempre melloralos….eso é o que lles dixen ás xogadoras e con ese compromiso aumentamos as horas de adestramento semanais…..pero temos moito que mellorar…..o
equipo é moi distinto ao ano pasado sobre todo polos postos tan
importantes que sufriron cambios   (colocadoras, receptoras) e queda
moito traballo que facer para volver conxuntar todo. Por iso trataremos
de ir pouco a poco….con o obxectivo de mellorar o que se fixo ata agora, pero cos pés no chan”.
O autobus de Autos Cancela que se desplazará a Ourense, realizará a saída dende o Instituto Zalaeta ás 07:00 do sábado.
BOA VIAXE E SORTE!!


TAGS: