/SF2: PREPARACIÓN DA TEMPADA 14-15.

SF2: PREPARACIÓN DA TEMPADA 14-15.

  Coa vista posta no comezo da tempada 14-15 de SF2, o CVI Zalaeta encóntrase inmerso na pretempada.
  
  Ás ordes do adestrador Jorge Barrero,
o conxunto coruñés comezou a súa preparación a mediados do mes de
agosto de xeito progresivo a medida que se ían incorporando as
xogadoras, nunha primeira parte mais centrada no aspecto físico e de posta
a punto, para continuar co traballo na pista para ir adaptando o equipo
de cara aos partidos previstos antes do comezo da competición.
  
Esta é a terceira tempada consecutiva en SF2, o que converte o club do
Instituto nun experimentado equipo da categoría, que este ano adopta un
formato diferente á tempada pasada. O incremento de equipos motivou a
decisión da RFEVB de realizar dous grupos de dez equipos cada un. O Zalaeta encóntrase encadrado no Grupo A, no que competirá cos xa coñecidos La Curtidora de Avilés, RGC Covadonga de Gijón, CV Torrelavega, Xuvenil de Teis e CAEP Soria aos que se unirán os novos equipos na categoría, Feel Voley Alcobendas, Rede Pisos CV Torrejón, Fígaro Peluqueros Haris de Tenerife e Duero Proyel Rivas C.
Deporte. A tempada regular dará comezo o 18 de Outubro, e para o equipo
coruñés será un comezo esixente, xa que o primeiro encontro será na
casa do subcampión da tempada pasada, o Torrelavega,
para recibir no primeiro partido na casa ao Tenerife, equipo que cos
seus reforzos e formulación será a priori candidato aos primeiros
postos.
   Causan baixa nesta tempada, a colocadora Maca Corvo, a central Marga Echevarría e a oposta Patricia Suarez que ficha polo Tenerife.
  
A pretempada avanza e o traballo convértese en máis técnico, aínda
que non por iso menos esixente, xa que para o corpo técnico trátase de
abordar os complicados partidos de inicio de liga do mellor xeito
posible e de puntuar dende o principio. A preparación continúa con
partidos xa con equipos da categoría, así o próximo sábado día 6, ás
17:00, primeiro amigable de pretempada ante o RGC Covadonga na súa cancha en Gijón. Tamén está previsto a participación no Trofeo Villa de Avilés organizado por La Curtidora o día 4 de Outubro, e recibiremos ao Grupo no Barrio, o día 11 de Outubro.
  
Tamén entra nesta pretempada a primeira competición oficial, que
sería a Copa Galicia, da que estamos á espera de da comunicación do
calendario e dos cruzamentos por parte da FGVB.
   O desprazamento a Gijón, realizarase como é habitual, no autobús de AUTOS CANCELA, que realizará a saída ás 10:15 dende o Instituto de Zalaeta o próximo sábado día 6.
 
TAGS: