/CAMPAMENTO DE VERÁN

CAMPAMENTO DE VERÁN

    Esta
semana daba comezo no Polideportivo do Instituto Zalaeta o I Campus de
Verano
, con todas as prazas completas, e moitas ganas de empezar. 

    O primeiro día dividíronse os grupos, presentáronse as monitoras (Patri, Mery,
Susana, Alba, Raquel, Nerea e Sandra, supervisadas por Tania) e fixéronse varios xogos para coñecerse e romper o xeo.

   
A partir de aí, os dous días seguintes centráronse no volei, e o xoves sairon do pavillón para disfrutar dunha mañá de karts en Riazor. O venres, para finalizar a semana, e aproveitando o bo tempo, celebráronse unhas Olimpiadas e as nenas pudieron iniciarse no voleipraia, actividade que
se continuará a semana que entra.

    Cun sentir xeral de que a todas se lles fai curto, mañá iníciase a segunda e última semana de Campus, para a que se
ten previsto máis praia, probar a bailar zumba e como colofón, un torneo 4×4
entre as participantes.