VER + FOTOS |
Onte venres o Club Voleibol Instituto Zalaeta celebrou no Hotel Attica 21 o acto de peche da Tempada 2013 – 2014.
Nun animado coctel
no que participaron membros do club, xogadoras e técnicos, familiares, e
persoas próximas que quixeron unirse a este entrañable acto no que
tamén contamos coa presenza do Xefe de Servizo para A Coruña da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, D. Roberto García e de D. Francisco J. Mourelo, Delegado de Educación Deportes e Xuventude do Concello dá Coruña.
No acto fíxose entrega duns regalos ás xogadoras destacadas das
categorías base, previa designación polas súas propias compañeiras que
recaeron en Adela Dans, Paula Rey, Claudia e Patricia Santos. Así mesmo, quíxose recoñecer publicamente o Presidente da entidade, D. José Hidalgo,
a súa dedicación ao deporte e en particular ao Voleibol ao longo da súa
dilatada traxectoria tanto nos banquiños como agora en postos directivos
achegando a súa inestimable experiencia.
Contamos tamén coa presenza
da práctica totalidade do equipo de SF2 á que a directiva quere
agradecer o seu desinteresado esforzo e dedicación á práctica
competitiva deste deporte, levando en alto o nome do club e da nosa
cidade. Felicitalas por unha estupenda tempada que as situou á cabeza da
competición e nos fixo gozar ao longo do ano dunha emocionante tempada
na que os contratempos habidos non eran senón o acicate para a
superación e mellora do xogo, o deporte e o espectáculo.
Dende este foro queremos
agradecer á afección a súa presenza e ánimo prestado ao equipo ao longo
da tempada, se eles non somos nada.
agradecer á afección a súa presenza e ánimo prestado ao equipo ao longo
da tempada, se eles non somos nada.
Mencionar a agradable compañía que supuxo a presenza das (ex) xogadoras do club Marta Fraga e Antía Rodríguez,
de vacacións na casa, que actualmente se encontran estudando e
disputando a liga universitaria de voleibol de EUA, que viñeron a
contarnos as súas experiencias. Despedimos tamén a María Krasa, á que tivemos todo este ano connosco, e agora de volta ao seu país, recordándolle que na Coruña tamén ten a súa casa.
Inestimable a achega do corpo técnico, con recoñecemento do seu labor e dedicación, sen cuxa dirección nada sería posible.
Non nos queda no tinteiro o público agradecemento aos patrocinadores e a
todos aqueles particulares, institucións e empresas que colaboran para
que isto sexa posible. A colaboración con entidades deportivas, de
deportes que non sexan maioritarios, agradécese, xa que na maioría dos
casos é unha cuestión de conciencia, ética social e de recoñecemento da
achega do deporte á sociedade, que sen dúbida devolve multiplicado á
sociedade o que esta lle achega.