/FINALIZA O TORNEO 4 X 4

FINALIZA O TORNEO 4 X 4

VER + FOTOS

  Onte sábado finalizou o Torneo 4 x 4 que para categorías inferiores se celebrou ao longo do mes de maio, e que reuniu no Pavillón do Instituto Zalaeta
aos diferentes equipos de xogadoras que se ían formando entre alevins,
infantís e xuvenís, que decidían pasar as mañás dos sábados practicando
deporte e continuando coa actividade unha vez finalizada a competición.
  Éxito
de organización e participación nesta primeira edición deste torneo,
aberto a todo o mundo no que se daban cita todo tipo de xogadoras, con
experiencia ou sen ela que se quixesen iniciar neste deporte. O
obxectivo, gozar dunhas xornadas lúdicas, intercambiar experiencias
realizando novas amizades, todo iso co voleibol como referencia, se
conseguiu.
  Grazas a todos os participantes e todos aqueles que
colaboraron na realización deste evento, así como o recoñecemento a
todos os pais que lles facilitan aos nenos a súa participación neste
tipo de actividades. Ás xuvenís de Zalaeta, encabezadas por Tania, cuxa participación foi fundamental, agradecer o seu esforzo.


  Esperámosvos na próxima edición!!