CONCLÚEN OS XOGOS ESCOLARES NA SAGRADA FAMILIA
Este venres, 30 de Maio de 2014, celébrase no Polideportivo da Sagrada Familia a última xornada de minivoley.
Pero desta volta, cambiabamos a competición por unha enxebre festa do volei na que os pequenos participantes puideron disfrutar do que máis lles gusta, compartindo cancha con xogadoras procedentes dos equipos infantil e xuvenil da nosa canteira.
Para concluír, fíxose entrega das medallas aos diferentes equipos, formados por nenos e nenas benxamíns e alevíns procedentes de diferentes colexios da cidade.
Velaiquí a foto de familia 😉
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NOS TORNEOS 4X4 DOS SÁBADOS DE MAIO
O sábado 24 superábase o número de participantes respecto á xornada anterior, e completábsae o cadro da competición do Torneo 4×4 co 8 equipos divididos en dous grupos.
Con estes resultados, quedaba campión o equipo H, formado por Pablo, Álvaro, Iria e Laura. Ademais da noraboa, dende aquí queremos desexarlle unha pronta recuperación da súa lesión a Laura!
Así remataba outra xornada máis de bo voleibol matutino, que se continuará mañá, sábado 31, no mesmo escenario, o Pavillón do Instituto Zalaeta, e co mesmo horario, de 10h a 14h. Agardamos que nesta última edición contemos con todos vós e máis!
Noraboa a Tania por una exitosa idea e unha gran organización!!!