/COMPETICIÓN PROVINCIAL CORUÑA NORTE

COMPETICIÓN PROVINCIAL CORUÑA NORTE

VER + FOTOS

 
  Hoxe celebrábase o Campionato Provincial Infantil, Alevín e Benxamín Feminino no Pavillón do Colexio Calasancias. O CI Zalaeta estaba representado por un equipo infantil, dirixido por Andrea e Raquel, e outra cría, ás ordes de Mery. A xornada presentábase longa e intensa, empezaba ás 10 h e non rematou ata as 19h.
  As
infantís fixeron un campionato moi completo, no que, a pesar de non
conseguir vitoria en ningún dos catro encontros disputados, intentaron
realizar as xogadas adestradas e loitaron todos os puntos, demostrando
que son máis que un equipo.
  No primeiro partido contra as nenas do
Liceo, que ao cabo se declararían campioas provinciais, os nervios
xogáronlles unha mala pasada, e sumado ao bo saque rival, as do Zalaeta caían 0-2. Pero as cousas cambiaban contra Oleiros:
as nenas entraban ao campo con moitas ganas e decididas, e con moi bo
saque e defensa levábanse comodamente o primeiro set. O segundo caía do
lado contrario, cun equipo moi centrado e pelexón, polo que así nos
iamos ao desempate, que finalmente se levarían as de Oleiros, tras uns puntos moi disputados.
 Tras unha pausa para comer, que serviu para descansar e relaxarse un pouco, enfrontabámonos ás 16 h contra o equipo de Calasancias.
Nun partido moi irregular, no que se xogou ás veces, volviamos perder
2-1, penalizando sobre todo os erros en saque do último set. Sen caerse
en ningún momento, o cuarto e último encontro presentábasenos complicado
contra un equipo moi jugón, pero a pesar
de sumar unha nova derrota, as sensacións foron outras, volviamos xogar
como sabemos: apertando co saque, atentas na rede, movendo pés en
defensa e recepción e non dubidando á hora de atacar. Coas de primeiro
ano no campo, sen nervios e con moita frescura, e cun banco animando
todo o tempo, o partido foi moi disputado en todos os puntos, e aínda
que gañaron as de Narón Volea, as nenas de Zalaeta celebraron con moita alegría o ter loitado un campionato difícil e o fin dunha boa tempada 2013/2014. 
  Parabén pequenas!
 
  O equipo infantil estaba composto por Andrea e Raquel como adestradoras, e, ás súas ordes: Andrea, Salam, María, Blanca, Bea, Cata, Inés, Mariña, Paula C., Xoana, Paula R., Iria e Noelia, coa única baixa de Lucía.
E as máis pequenas, o equipo alevín, á batuta de Mery: Claudia, Eva, Alma, Andrea, Natalia, Helia e Adela. Que tamén fixeron un bo campionato, demostrando que o futuro está asegurado, pasando un divertido e completo día de voleibol.