/CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE ARRIONDAS

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE ARRIONDAS

  Segunda xornada de campionato, xornada que na que tocou sufrir e encaixar dúas derrotas en dous partidos.
   Pola mañá xogábase contra o Aguere no que era o último partido da primeira fase do grupo E. O Zalaeta xogábase ser o primeiro de grupo, xa que a clasificación lla daban as dúas vitorias obtidas e día anterior. O Haro perde co CAI, polo tanto pecha o grupo, e as de Teruel dependen do resultado do partido de Zalaeta e o Aguere, unha vitoria das coruñesas méteas na segunda fase no grupo que xoga polo título.
  Ás 12:00 comeza o partido coas tinerfeñas e ao Zalaeta
cústalles entrar, parece que están máis pendentes do partido que vén,
do que se supón que será o seguinte, pero para iso hai que gañar ao Aguere.
Pouco a pouco o partido vaise complicando, as das illas realizan un
partido completo, son un bloque compacto que comete poucos erros e fai o
que ten que facer, defenden ben e teñen un ataque efectivo polas bandas
que fai dano ás galegas, e ademais acompáñaos a sorte. Mentres tanto o Zalaeta
comete demasiados erros e os nervios fai mella no seu xogo. O segundo
set foi clave, as coruñesas intentárono con ganas e despregaron o seu
mellor xogo, nun final emocionante premeron a Aguere,
pero uns fallos de saque nos últimos puntos impedíronlle pechar o set
favorablemente, e isto decidiu o terceiro set e tamén o partido.
  Aguere 3-0 Zalaeta, con parciais 25-18; 26-24 e 25-15, resultado que coloca ás canarias en primeira posición e relega o Zalaeta á segunda praza, polo que os enfrontamentos da seguinte rolda son estes: CVI Zalaeta xoga con Torrelavega pola tarde ás 20:00, e contra o Barça o venres ás 12:00, ambos os dous partidos na cancha de Cangas de Onís.

  Pola tarde iniciabamos a segunda fase, cun cambio de plans, parecía que nos mediriamos co EMEVE pero a derrota ante o Aguere cambiou as cousas e houbo un cambio de plans: serían as canarias as que se encontraran coas de Lugo e o Zalaeta enfrontaríase co Torrelavega.
  Encadradas no Grupo 1, xógase na pista n.º 1 de Cangas, no que non se melloran as prestacións da mañá, parece que este é o día malo do campionato, e sen lograr facer un bo xogo o Zalaeta
comeza o partido cedendo o primeiro set e indo ao segundo parecía que
derrotadas de antemán para ceder a máxima diferencia do partido. En
cambio o terceiro set significou a recuperación das coruñesas, que se
impoñen claramente ao Torrelavega e parece que están dispostas a darlle a volta ao marcador. Comeza o cuarto e as do Zalaeta trataban que fose o do empate que as levara ao tie-break onde estaban convencidas de que conseguirían o partido. É un set moi competido no que ningún equipo cede, o que se xogan é importante, e se emprega a fondo. O equipo da Coruña parece outro, mostra outra cara e loita pola vitoria, pero as cántabras tampouco están dispostas a ceder e nun fina axustado o Zalaeta,
de novo comete uns fallos que non lle permiten pechar a favor a última
oportunidade que lle quedaba de darlle a volta ao marcador.
   Nova
derrota, Torrelavega 3-1 Zalaeta, con parciais 25-18; 25-11; 15-25 y 25-23.
  Mellorouse
o xogo da mañá, aínda que non o suficiente para gañar, continuaron os
erros, pero fixéronse dous bos sets que nos levan a recuperar a liña de
xogo do equipo. Hoxe ante o Barça, ás 12:00 na pista 1 de Cangas de Onís, importante partido, como todos os desta rolda, na que ambos os dous equipos se xogan o futuro neste campionato.

RFEVB

TAGS: