Comeza o Campionato de España Xuvenil Feminino o próximo mércores día 30 de Abril e que se
desenvolverá ata o 4 de Maio nas localidades asturianas de Arriondas e Cangas de Onís.
En
liza estarán os mellores de de cada comunidade na presente tempada, 24
conxuntos disputarán o título de Campión 2014 divididos en seis grupos
de catro equipos cada un, que xogarán unha primeira fase en forma de liguilla
a unha volta da que os dous primeiros se clasificarán para xogar os
postos do 1 ao 12, e os dous últimos de cada grupo xogarán os postos do
13 ao 24.
É un sistema de competición esixente e intenso, xógase
todos os días e cada partido ten un nivel maior. Poderíase perder un
partido, segundo os resultados, na primeira fase, pero a partir de aquí,
cada derrota significa ceder posto na clasificación. A resistencia e a
capacidade de concentración poden ser factores clave no resultado final.
CVI Zalaeta e EMEVE serán os representantes galegos en Asturias, encadrados nos grupos E e D respectivamente, compartirán sede na primeira fase, ambos os dous equipos xogarán no Municipal de Arriondas.
O Zalaeta comezará a competición o mércores ás 11:00 da mañá cun enfrontamento ante o CAI VB Teruel, que fixo un oitavo posto na Superliga Júnior Feminina 2014 e pola tarde ás 18:00 ante o Agromendoza Voley Haro, subcampión da mencionada competición. Finaliza esta primeira fase o xoves ás 13:00 ante as tinerfeñas do Aguere Caja Siete. Todos os partidos terán lugar na pista 3 de Arriondas.

O equipo coruñés desprazarase a Arriondas o martes no Autobús de Autos Cancela, que realizará a súa saída, como é habitual, dende o Instituto Zalaeta ás 15:00.
GoZala ! SomosEquipo ! PodemosConTodo !
As xogadoras de Zalaeta
queren agradecer a toda a afección a participación na súa campaña
realizada a prol da súa participación no campionato a
celebrar en Asturias, e así mesmo, dar a coñecer os gañadores no sorteo
celebrado na tarde do luns:

1º Premio, JAVIER GILSANZ Una camiseta oficial de xogo.
2º Premio, JOSÉ UCHA Un poster conmemorativo do Campionato Galego 2014.
3º Premio, CALÍOPE GARCÍA Una camiseta do Campionato Galego 2014.
Todos eles asinados polas xogadoras campioas galegas 2014.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!