www.rfevb.com |
Finalizaron os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas Infantís e Cadetes celebrado en Valladolid do 24 ao 27 de Abril.
Unha
vez máis a representación de Galicia obtivo uns brillantes resultados
proclamándose Campiona de España na categoría Cadete Feminino e medalla
de Bronce en categoría Infantil Masculino, cuarta praza en Infantil
Feminino e sétima posición en Cadete Masculino.
O equipo Cadete
Feminino defendía o subcampionato logrado na pasada edición, e
defendeuno, reeditando a final do ano pasado ante a selección catalá, á
que nesta ocasión venceu por un claro 1-3 (26-24; 20-25; 15-25 e 19-25),
despois de eliminar en semifinais a Castilla y León (3-0).
O equipo dirixido por Rodolfo Lago, con Fernando Cueto Pedrotti e Cristina G. Bermejo como axudantes, obtén un importante triunfo, que coa cuarta posición do equipo infantil de J. Liboreiro e P.Valcárcel,
que eliminou a Cataluña en semifinais por 3-0, e que caeu ante Asturias
polo mesmo resultado, súmanse á medalla de bronce obtida polo conxunto
Infantil Masculino de A. Rodríguez e A. Alves, que caeu ante o campión, C. Valenciana, por 3-0 e derrotou a Extremadura (3-1) logrando o terceiro posto. O Cadete Masculino de E. Mahía e M. Rodríguez, sitúase en sétimo lugar despois de vencer a Canarias 3-0.

Parabéns
a todos os participantes da expedición galega, que co seu traballo e bo
facer, logran estes excelentes resultados que manteñen ao voleibol de base de
Galicia entre os mellores de España.
Aquí podedes ver todos os resultados.
Resumen de RFEVB
Galicia participa no CESSAA 2014 de Valladolid