/NOVAS, CAMPUS, CAMPIONATO DE ESPAÑA.

NOVAS, CAMPUS, CAMPIONATO DE ESPAÑA.

  Efectivamente, xa comezou a
diversión. Todas foron puntuais, e á hora prevista xa estaban na cancha
atendendo as indicacións das súas monitoras. Primeiro día estupendo.
Para mostra unha imaxe, que vale máis que mil palabras.

  Hoxe en día 14 tiña lugar o
sorteo do Campionato de España Xuvenil Feminino 2014. Coñecidos xa todos
os equipos clasificados para o Campionato, hoxe sorteábanse os grupos,
da A á F, 24 equipos, a razón de catro por grupo. Na Web da RFEVB están publicados todos os datos.
  O CVI Zalaeta quedou encadrado no Grupo E, e comparte cartel co CAI VB Teruel, Agromendoza Voley Haro e Aguere Caja Siete.
De momento as referencias máis próximas que temos destes equipos, son a
participación na Superliga Júnior Feminina xogada este ano na Coruña na que o CAI se clasificou en 8ª posición e o Haro lle disputou a final nun emocionante encontro ao Alcobendas, clasificándose en 2º lugar, mentres que o Zalaeta, equipo anfitrión ocupou a 6ª praza. Pola súa banda, o equipo canario CV Aguere, recordar que se foi subcampión na edición do Campionato de España 2012.

                              GoZala!     SomosEquipo!   PodemosConTodo!

 

TAGS: