/A ACTIVIDADE CONTINÚA.

A ACTIVIDADE CONTINÚA.

VER + FOTOS
  Comezan as vacacións de Semana
Santa, pero a actividade deportiva continúa. Mañá luns, iniciamos o
Campus de Voleibol no Pavillón da Sagrada Familia, dedicado a nenas de
categorías benxamín, alevín e infantil. Con todas as prazas dispoñibles
esgotadas, celebraranse unhas xornadas de iniciación e perfeccionamento
dirixidas pola adestradora do CVI Zalaeta, Tania Cobos, que estará perfectamente asistida polas xogadoras do equipo xuvenil, recén proclamado campión de Galicia da categoría, Susana, Patri, Raquel, Andrea e Mery.
  Diversión e deporte da man, e unha oportunidade de coñecer outras nenas cunha afección en común: Voleibol.
  Mentres tanto, non se para, os
adestramentos continúan e as xuvenís seguen a tope preparando o Campionato de España de equipos da categoría, para o que brillantemente
se clasificaron gañando o galego, e que se celebrará nas localidades
asturianas de Arriondas e Cangas de Onís
do 30 de Abril ao 4 de Maio
. Estamos pendentes de coñecer os
cruzamentos que nos deparará o sorteo que se celebrará mañá día 14.

 ………………………………………

 As xogadoras do equipo xuvenil reclaman a túa colaboración para poder desprazarse a Asturias, e para elo, puxeron en circulación unhas papelas para que poidas axudar a manter a súa ilusión de pelexar polo Campionato de España.

  Realizarase o sorteo dunhas camisetas e un poster asinados polas xogadoras, que poderás levarte ao tempo que realizas unha colaboración co deporte base xerando ilusión.

   GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!!

TAGS: