Unha vez finalizadas as
competicións autonómicas, están a celebrarse as distintas fases
interzonais que darán lugar ás fases de ascenso de categoría, así como
os distintos campionatos galegos, entre os mellores das distintas ligas,
que decidirán os equipos que se presenten aos Campionatos de España
2014. Paralelamente sucédense as convocatorias por parte dos técnicos da
RFEVB para confeccionar as diferentes
seleccións nacionais para solucionar os compromisos que marca o
calendario. O fin das ligas regulares dá paso aos seguintes compromisos,
a actividade continúa, e de que xeito!
O sábado día 5 de Abril, o CVI Zalaeta organiza na Coruña o Campionato Galego Xuvenil Feminino, que enfrontará aos catro mellores equipos da presente tempada: EMEVE ÉLIDE de Lugo, XUVENIL TEIS, CALDARIA VOLEYOURENSE e FISIOMÁSZALAETA.
Os catro equipos realizaron unha campaña moi completa, quedando
separados por unha pequena diferencia na clasificación que encabezan as
de Lugo con 21 vitorias, seguidas do Xuvenil e o Zalaeta,
empatados en segundo e terceiro lugar con 19 vitorias cada un, e pecha o
cuarteto o VoleyOurense con 17 partidos gañados. Os enfrontamentos
serán en semifinais 1º contra 4º e 2º contra 3º.
Prevese un nivel
alto de competición toda vez que o final de tempada marca o nivel máis
alto de forma de todo o ano e estes equipos realizaron unha tempada
xogando a alto nivel, EMEVE, Voleibol Ourense e Zalaeta xogaron a Superliga Junior Feminina 2014 celebrada tamén na Coruña,
e poderemos ver xogadoras xuvenís que están a render a alto nivel nas
súas respectivas escuadras de SF2, polo que o espectáculo está
servido.

O EMEVE parte como favorito, defende o título do 2013 e é primeiro da Liga Regular, poderá ter na lesión da súa xogadora Carmen Carvajal un hándicap importante, pero o seu equipo é completo e competitivo, enfróntase ao Voleibol Ourense,
equipo de perfil máis baixo, pero moi competitivo, cunha férrea
defensa, un rival difícil de bater. A segunda semifinal será entre o Xuvenil e o Zalaeta, dous conxuntos moi igualados, as de Teis foron as únicas que lle gañaron ao EMEVE, e co Zalaeta
houbo repartición de vitorias que as coloca nun empate na táboa que
tratarán de solucionar este sábado. As coruñesas tratarán de facer valer
o seu potente ataque e o seu bo momento para encontrar un posto na
final.

O premio, unha praza para o Campionato de España 2014 para os dous primeiros clasificados, que se celebrará en Asturias.
As semifinais comezarán na Sagrada ás 11:00 e as finais xogaranse no S. Francisco Javier a partir das 16:30.