/I CAMPUS DE SEMANA SANTA

I CAMPUS DE SEMANA SANTA

Despois do éxito do Campus de Nadal, repetimos nas vacacións de Semana Santa!
   Entre os días 14 e 17 de abril, en horario de 10h a 14h, e dirixido a nenas nacidas entre 2005 e 1999, terá lugar no pavillón municipal de Sagrada Familia o I Campus de Semana Santa do CVI Zalaeta.
   O obxectivo da actividade é que ás nenas poidan seguir tocando balón nas vacacións, aprendendo cousas novas e divertíndose ao mesmo tempo, coa ocasión de facer novas amizades e de compartir consellos con compañeiras doutros equipos da cidade. 
   Tamén se levarán a cabo actividades de investigación sobre voleibol de alto nivel, para animalas a pescudar pola súa conta e ver máis a miúdo os grandes do seu deporte para poder aprender deles. 
   Ademais poderemos contar, ao longo do campus, coa visita dalgunhas das xogadoras do noso equipo de Superliga 2.
   Ao igual que en Nadal, como monitoras do Campus poderemos contar con Raquel, Susana, Andrea e Patricia, supervisadas por Tania e Pepe.
   Para complementar información, visita a nosa páxina de Facebook, ou contacta con Tania: 661939449.
   E para realizar a inscrición, luns, mércores e venres de 16 h a 17 h no Pavillón do Instituto de Zalaeta, onde se lles entregará a folla a cumprir e se realizará o pagamento en efectivo.
   O prazo estará aberto ata cubrir todas as prazas (total: 45 prazas). 
   O prezo é de 15€, agás para deportistas do CVI Zalaeta, que se reduce a 12€.
   (É necesario adxuntar unha copia da tarxeta sanitaria).
Agardamos que vos animedes a participar!!!