/XORNADA DÍAS 8 E 9 DE MARZO

XORNADA DÍAS 8 E 9 DE MARZO

  Regresa o FisiomásZalaeta
á competición, volve o espectáculo do Voleibol ao Barrio das Flores o
próximo sábado cun partido de SF2 importante para os intereses das coruñesas,
cuxo obxectivo pasa por preservar a cuarta posición nunha competición
que se achega ao seu final e se pon incandescente.

  Xornada 19 de liga, na que o sábado recibiremos a visita de cvleganes.com, que este fin de semana realizará unha dobre xornada en terras galegas con partido tamén o domingo na cancha do EMEVE. O equipo madrileño pecha a clasificación, co Xuvenil de Teis,
e viaxará disposto a lograr unha vitoria no tramo ligueiro final, polo
que non será un rival de fiar para o obxectivo do equipo local de
puntuar para manter a posición actual en táboa.
As cousas parecen
claras na parte baixa da táboa, na que os equipos que pechan a
clasificación teñen poucas posibilidades de variar a súa posición a
estas alturas do campionato. En cambio na cabeza a situación está
candente, con tres equipos con posibilidades de alzarse co título.
  O equipo de Jorge Barrero debe de loitar pola vitoria e os tres puntos, para defender a súa cuarta posición ante o acoso do Volley is Life, que esta xornada visita a cancha do Sant Boi, nada doado, nesta segunda volta na que o equipo catalán está a mellorar o seu xogo. Ningunha novidade no FisiomásZalaeta
para o fin de semana, para o que o seu adestrador conta con todo o
equipo ao completo para xogar na casa despois de descansar a pasada xornada.

           SF2    FISIOMÁSZALAETA – cvleganes.com   SÁBADO, 19:00 BARRIO DAS FLORES
 

  …………………….

  En canto ás Ligas Galegas, o CV Zalaeta terá un dobre desprazamento a Lugo para enfrontarse ao EMEVE Élide o domingo pola tarde.
  En 2ª División A o Autos Cancela Zalaeta ocupa a terceira praza, e de momento depende de si mesmo para conservala, pero necesita a vitoria en Lugo para sumar outros tres puntos. O EMEVE
figura en sétima posición con dez vitorias, polo que non será un rival
doado, está nese grupo de metade da táboa no que as diferenzas non son
moitas e calquera resultado pode alterar as posicións dunha xornada para
outra. As opcións do equipo de D. Hermida están aí, co equipo a tope no tramo final da liga, e ao completo para este fin de semana.

    2ª DIV A   EMEVE ÉLIDE – AUTOS CANCELA ZALAETA CASA DO DEPORTE, LUGO, DOMINGO 18:30
…………………………

 

 
  Na Liga Galega Xuvenil encontro de máxima rivalidade da categoría, entre lucenses e coruñesas. O FisiomásZalaeta ocupa a cabeza da clasificación, con 34 puntos, de modo provisional, xa que leva un partido máis que o EMEVE, e dous máis que o Xuvenil Teis, que ocupan a segunda e terceira posición respectivamente.
  Trátase
dun partido importante para ambos os dous conxuntos xa que pode decidir
a clasificación final da Liga regular e consecuentemente os cruzamentos
para a disputa do Campionato Galego da categoría, ao que acceden os
catro primeiros clasificados.
  O equipo do Instituto chega nun bo
momento despois de ir alcanzando as súas mellores prestacións de cara ao
final de liga e as súas xogadoras, moi motivadas, teñen a intención de
compensar cunha vitoria en Lugo a derrota que no partido da primeira volta sufriron ante as pupilas de J.
Valle. Espérase, pois, que sexa un partido competido e de alta tensión,
de resultado incerto, aínda que se habemos de apostar, o faremos polo FisiomásZalaeta.

     XUVENÍS   EMEVE ÉLIDE – FISIOMÁSZALAETA CASA DO DEPORTE, LUGO, DOMINGO 17:00

  O autobús de Autos Cancela que cubrirá o desplazamento a Casa do Deporte de Lugo, sairá desde o Instituto Zalaeta o domingo ás 14:45.

Bon viaxe e boa sorte !