/PARTIDOS DOS DÍAS 1 E 2 DE MARZO.

PARTIDOS DOS DÍAS 1 E 2 DE MARZO.

 
  Este sábado día 1 de marzo xogarase a xornada n.º 18 en SF2, que para o FisiomásZalaeta,
será unha xornada de descanso, pois leva un partido adiantado, na que
lle tocará estar atento aos resultados do día. Dous son os partidos de
interese para a clasificación dende o punto de vista das coruñesas,
dunha parte o que xogan o líder, Torrelavega, co Grupo en Gijón ás 17:00, e o que terá lugar en Almería entre o equipo local Voleibol is Life e as lucenses do EMEVE.
  Ambos
os dous encontros axudarán a resolver as dúbidas nas posicións
próximas, en particular o de Almería, no que unha vitoria visitante
afastaría ás almerienses a unha distancia importante para acceder á
cuarta praza.

  En canto ás ligas galegas, o sábado xogarase o partido de 2ª Div. A aprazado no seu día, por motivo da SLJF, entre o AUTOS CANCELA ZALAETA e o DOMPA XESTIÓN, en Ourense no Pavillón dos Remedios ás 10:30.

  E na liga galega xuvenil, o FisiomásZalaeta enfrontarase ao CV Santiago o domingo día 2 en O Restollal de Santiago ás 12:00.
  Partidos
asequibles para as do Instituto, nos que deberían de puntuar ante dous
rivais que ocupan a parte baixa da táboa, o que lles permitiría sumar
para estar á espera de do que fagan outros equipos, en particular o
VoleyOurense tanto na Liga Xuvenil coma en 2ª División.

 

  O autobús de AUTOS CANCELA que levará aos equipos de Zalaeta, realizará a súa saída, como é habitual, dende o Instituto Zalaeta, o sábado con destino a Ourense ás 07:30, e o domingo con destino a Santiago, ás 10:15.

Boa viaxe e boa sorte ¡